Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Muros que unen

Imagen

A  Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación financia a través dun convenio a segunda edición do concurso de muráis "Muros que unen", proxecto do Fondo Galego de Cooperación que se enmarca na liña de traballo da Concellería relativa á educación global para a cidadanía. O Concello, ademais, é socio do Fondo desde fai anos.

Con 'Muros que unen' búscase dar a coñecer, a través da arte urbana, as 17 metas globais fixadas polos Estados membros da ONU a finais de 2015, coñecidas como ODS (Obxectivos de desenvolvemento Sostible)  para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no horizonte de 2030; así como para fomentar o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas e sostibles.

Os ODS que se traballarán este ano, e que quedarán plasmados nos muros que pón a disposición do proxecto o Concello, están íntimamente relacionados co ámbito de traballo da Concellería:

ODS3: Garantir unha vida sa e promover o benestar para todas as persoas en todas as idades, o ODS4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas, o ODS5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas, e mais o ODS11: Lograr que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables.

O prazo de solicitude para participar no certame estenderase do 25 de setembro ao 28 de outubro.

Outorgarase un premio de 2.000 euros por cada ODS. Podedes consultar as bases deste concurso no seguinte enlace: http://www.fondogalego.org/web/node/3444

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión