Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo Municipal de Canguros

Obxecto:

  • Favorecer a conciliación nos campos persoal, familiar e laboral (con especial incidencia en persoas/unidades familiares con maiores dificultades para a conciliación: unidades familiares monomarentales; monoparentais, familias numerosas, persoas migrantes, mulleres en situación de violencia de xénero; como apoio a mulleres no seu proceso de inserción e participación sociolaboral, etc.)
  • Fomentar a corresponsabilidade nos ámbitos doméstico e social, a través de programas de actividades dirixidas ás novas xeracións.

A quen vai dirixido?:

  • Unidades familiares con necesidades de conciliación asociadas á organización da vida persoal e laboral
  • Menores de idades comprendidas entre os 4 meses e os 12 anos.

Recursos materiais:

6 Espazos de Atención á Infancia situados en distintos centros cívicos da cidade

Recursos humanos:

11 monitoras para os Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas, e tantas monitoras como sexan necesarias para a modalidade de Atención á Infancia a domicilio.

Organiza:

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación

Requisitos:

  • Necesitar medidas de conciliación da vida persoal ou laboral no termo municipal da Coruña.
  • Nos Espazos de Atención á Infancia e nas Ludotecas Coeducativas, poderase acceder ao servizo, ben cando as persoas que ostenten a representación legal dos/as menores (pais; nais; titores e titoras legais etc.) estean empadroadas no Concello da Coruña; ou ben cando esas persoas teñan o seu posto de traballo, tanto por conta propia como allea, localizado no municipio da Coruña; ou ben para o caso de que o/a menor estea a cursar estudos nun centro de ensino domiciliado no termo municipal da Coruña.
  • Na modalidade de atención a domicilio, será necesario que as persoas que ostenten a representación legal dos e das menores (pais; nais; titores e titoras legais etc.) estean empadroadas no Concello da Coruña.

O acceso ás prestacións incluídas en cada modalidade tramitarao o persoal do Servizo Municipal de Canguraxe situado no Centro de Información ás Mulleres - CIM .

PRINCIPIOS REGULADORES DO SERVIZO DE CANGURAXE

  1. Flexibilidade e multifuncionalidade: segundo o caso ou a necesidade, a unidade familiar accederá a unhas ou a outras prestacións e tamén en momentos e/ou horarios distintos.
  2. Benestar do/da menor: velarase en todo momento polo seu benestar.
  3. Servizo personalizado: cada intervención realizarase de modo personalizado, isto é, despois da entrevista inicial coa unidade familiar, tratando en todo caso de responder ás súas necesidades.
  4. Coeducación: o enfoque educativo sempre será o da igualdade, evitando a transmisión e reprodución de estereotipos de xénero.

MODALIDADES

MOTIVOS DE SOLICITUDE

Espazos de atención á infancia

  • Motivos laborais
  • Participación en cursos de formación para o emprego
  • Realización de entrevistas de traballo
  • Períodos de proba profesionais
  • Situacións puntuais de emerxencia familiar

Estas casuísticas serán prioritarias e deberán ser debidamente acreditadas.

  • No caso de quedaren prazas vacantes tamén se poderá acceder por motivos de conciliación persoal coa finalidade de promover a plena participación social.

Ludotecas coeducativas

  • Motivacións de carácter persoal, co fin de promover a plena participación social e goce do tempo de lecer das familias e menores.

Atención á infancia a domicilio

  • Exclusivamente por motivos laborais

DEBERES DAS PERSOAS USUARIAS

  • Na modalidade de atención a domicilio, solicitar cita previa para realizar parte de servizo individualizado.
  • Na modalidade de atención a domicilio, e para os traslados de menores, será preciso que no lugar de entrega unha persoa responsable asine o dcumento de entrega. Esa persoa estará previamente identificada na autorización asinada no CIM polas persoas que ostenten a representación legal do/da menor. Se no momento da entrega ningunha persoa quixese asinar ese documento de entrega e custodia non se poderá facer uso desta modalidade do servizo.
  • Na modalidade de atención a domicilio, e para aqueles traslados que impliquen o uso do transporte público, a/o menor deberá dispoñer da tarxeta para uso do bus urbano. Non se admitirá que as/os menores porten diñeiro en efectivo.
  • Para todas as modalidades, comunicar as anulacións de horarios concedidos cun mínimo de 48 horas de antelación. O feito de non comunicalas nese prazo supoñerá computar as horas como horas de servizo realizadas.
  • En períodos vacacionais, o feito de non comunicar a anulación de períodos ou días asignados cun mínimo de 48 horas de antelación, será motivo de anulación de todos os períodos ou días asignados. Para a modalidade de atención a domicilio este prazo será de aplicación durante todo o ano. A reiteración na falta de comunicacións supoñerá a baixa no Servizo Municipal de Canguraxe.
  • Facilitar, comunicar e manter actualizados os datos persoais e profesionais necesarios para a prestación de calquera das modalidades do servizo.
  • Asinar as autorizacións e conformidades que sexan necesarias para o coidado e benestar do/da menor.
  • Responsabilizarse da entrega e recollida dos/das menores nos horarios establecidos para cada unha das modalidades do servizo. As persoas responsables do/da menor que non os entregasen ou recollesen nos horarios establecidos serán apercibidas. En caso de reiteración, e tras os apercibimentos, poderán causar baixa no servizo. Así mesmo, responsabilizaranse destes deberes naquelas situacións que por motivos de saúde, indisposición ou malestar, sexa necesario recollelos/as antes da hora prevista.
  • En períodos vacacionais, para poder responder adecuadamente á demanda do servizo, non se poderá reservar o mesmo período e o mesmo horario en distintos espazos de atención á infancia. De facelo así, todas as solicitudes realizadas serán anuladas e non se poderá usar o servizo nos períodos non lectivos.
  • Coa colaboración de:

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión