Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Atención á infancia a domicilio

QUE É?

Esta modalidade contempla un conxunto de tarefas centradas nos coidados básicos e atencións prestadas aos e ás menores no seu propio domicilio e/ou fóra del.

O fundamento principal desta modalidade son as necesidades e circunstancias de carácter familiar e laboral, de natureza extraordinaria, tanto dos e das menores (ata os 12 anos) como das persoas responsables que non poidan ser satisfeitas a través do servizo prestado nos espazos de atención á infancia e ludotecas, nin en ningún outro servizo posto a disposición por parte do concello ou doutras institucións públicas para atender necesidades de conciliación (espazos de atención á infancia e ludotecas de forma preferente, campamentos, comedores escolares, servizo de madrugadores en colexios públicos, actividades para menores programadas polo concello etc.). Á súa vez, configúrase como un servizo para necesidades puntuais, non de carácter estable ou estrutural prolongadas no tempo.

A quen vai dirixido?:

Familias con menores entre 4 meses e 12 anos con necesidades de conciliación por motivos laborais.

Organiza:

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación

Requisitos:

  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña.
  • Estar a traballar ambos os membros da unidade familiar ou a persoa responsable do7a menor en caso de familias monomarentais ou monoparentais.

Prazo de presentación:

Unha vez dado de alta no servizo, esta modalidade poderase solicitar con polo menos 48 horas de anticipación ao comezo do servizo (non se contan festivos nin fins de semana)

NO SEU PROPIO DOMICILIO: entre outras tarefas:

• Preparar biberóns e papas no momento do seu consumo, así como quentar almorzos ou comidas.

• Axudar a comer en función da idade ou características do/da menor.

• Tarefas relacionadas co aseo ou hixiene do/da menor.

• Supervisión da alimentación e aseo.

• Dispensar coidados a menores enfermos/as en ausencia das persoas responsables, proporcionando medicación en caso de enfermidade, segundo prescricións médicas e sempre que as persoas responsables o autoricen e faciliten as instrucións e orientacións necesarias en relación co seu estado de saúde. En ningún caso a persoa que exerza de canguro asumirá coidados para os que se requira formación sanitaria de grao ou de formación profesional ou coñecementos específicos para o tratamento de determinadas enfermidades ou patoloxías.

• Planificar e realizar actividades de lecer.

• Apoio na realización das tarefas escolares.

FÓRA DO DOMICILIO: entre outras tarefas:

Traslados ou acompañamentos do/da menor fóra do fogar, por período máximo dunha hora en cada traslado e sempre dentro do termo municipal. Está incluído, en situacións excepcionais, o acompañamento en transporte colectivo ao/á menor, sempre que o/a menor dispoña dunha tarxeta de abonado/a ao transporte público ao seu nome.

Con carácter xeral, exclúense as tarefas domésticas (salvo aquelas que estean unidas ou ligadas estritamente ao benestar do/da menor) así como a tarefa de acompañamento do/da menor ao/á pediatra. Só con carácter excepcional acompañarase ao/á menor á consulta do/da pediatra cando se produza unha emerxencia que poida poñer en perigo a súa saúde durante a realización das tarefas contempladas no parte de servizo. Este acompañamento deberalle ser comunicado de forma inmediata ao seu pai, nai ou persoa gardadora ou coidadora para o seu coñecemento e posterior recollida do/da menor.

CAL É O HORARIO DESTA MODALIDADE?

Todo o ano de luns a venres de 07.30 horas a 22.00 horas, salvo fins de semana e festivos.

CANTAS HORAS SE PODEN USAR?

  • Cada unidade familiar dispón dun máximo de 40 horas anuais prorrateadas en 20 horas por semestre natural e non acumulativas.
  • Diariamente pódese utilizar o servizo cun mínimo de ½ hora e un máximo de 6 horas, ata a finalización das horas anuais que lle corresponda a cada unidade familiar.

COMO ACCEDER AO SERVIZO?

Unha vez finalizado o período inicial solicitado e/ou concedido, para vover a facer uso desta modalidade deberá contactar telefonicamente ou por correo electrónico co Centro de Información ás Mulleres - CIM (Servizo de Canguros) para obter unha cita previa para a entrevista, e sempre cunha antelación mínima de 48 horas á data que se pretenda (se o servizo comeza o luns, o último día para solicitalo sería o xoves anterior).

Na entrevista realizarase un parte de servizo que solicitará as necesidades da unidade familiar (días, horas e actuacions co/a menor). O dito parte será asinado pola persoa responsable do/da menor e polo persoal técnico municipal.

Igualmente, no marco da entrevista asinaranse as autorizacións necesarias para o bo funcionamento do servizo (saídas, acompañamentos fóra do domicilio, emerxencias ou accidentes).

Máis información:

Os teléfonos de contacto son: 981 184 356 ou 673 132 372 en horario de 8.00 a 14.00 horas

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión