Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Tarxeta Bus Millennium Xeral

En que consiste?:

Tarxeta de bus xeral coa que as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.

Onde se fai?:

Solicitude por primeira vez, renovación, roubo, perda ou deterioración:

  • Servizo de Mobilidade Urbana (Estación de Autobuses - Cale Cabaleiros nº 21)
  • Rexistro Xeral Palacio Municipal (Praza de María Pita nº 1)
  • Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural Ágora (Lugar Gramela nº 17)

A quen vai dirixido?:

  • Particulares
  • Empresas

Presencial

Que se necesita?:

Documentación (particulares):

  • DNI (no suposto de menores de idade, ademais do DNI do pai, da nai ou titor/a legal, deben achegar o da persoa interesada, se dispón del).
  • Aboar a taxa establecida.
  • En caso de menores de idade, o contrato debe ir asinado polo pai, a nai ou titor/a legal.

Documentación (empresas):

  • CIF
  • O contrato debe estar asinado por unha persoa autorizada e acreditar a dita autorización.
  • Aboar a taxa establecida.

Custo da tarxeta (taxa):

Persoas empadroadas e non empadroados no Concello da Coruña: 3 €

Pódese realizar o aboamento da taxa na Caixa Municipal ou a través de calquera oficina de Abanca, Sabadell, Santander, BBVA, Caixa Bank.

Tamén pode realizar o pago en liña das taxas da Tarxeta Millennium. Este procedemento require que vostede dispoña dun certificado dixital válido.

Unha vez pagada a taxa, a/o solicitante debe dirixirse de novo á oficina na que realizase a solicitude da tarxeta, co xustificante de pago, para que lle expidan a tarxeta.

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a reparación dela (segundo proceda). En calquera caso, é necesario que a/o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por mal funcionamento

No caso de que a substitución da tarxeta se produza polo seu mal funcionamento, sen responsabilidade da persoa usuaria (por tanto debe achegar a tarxeta), non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expídese no momento.

Poderá recuperar o saldo que tiña na tarxeta, acudindo a unha das oficinas de Abanca na opción de Aboamentos pendentes.

Substitución da tarxeta por roubo, extravío ou rotura

É necesario pagar a taxa establecida: 7 €, (Ordenanza fiscal, núm. 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa, a persoa usuaria débese dirixir co xustificante de pagamento á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

Normas xerais:

  • O custo de cada viaxe é de 0,75 €.
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos)
  • Esta tarxeta non é necesario renovala.
  • A tarxeta recóllese presencialmente.

Internet

Teléfono

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión