Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Desenvolvemos programas, servizos de atención directa, campañas e/ou actividades puntuais que atenden os seguintes cometidos:
A) PROTECCIÓN DA IGUALDADE
Velar pola aplicación efectiva do principio de igualdade, tanto na dimensión de igualdade de trato e non discriminación, como de igualdade de oportunidades e igualdade de xénero.
Promover activamente a eliminación da discriminación por motivos de sexo, orientación sexual, edad, orixe étnica, cultural, discapacidade funcional ou sensorial etc.
Prestar servizos de atención directa a persoas afectadas por situación de discriminación, especialmente por cuestión de violencia de xénero ou de identidade sexual.
B) EDUCACIÓN PARA OUTRO MODELO DE SOCIEDADE
Desenvolver programas de sensibilización con enfoque multidisciplinar e coeducativo como parte do traballo en positivo para a convivencia igualitaria na cidade.
Promover o reparto equilibrado dos usos do tempo dedicados ao traballo remunerado e ao traballo non remunerado.
Mostrar e poñer en valor modelos de masculinidade igualitaria e corresponsable cos coidados.
Facilitar procesos de empoderamento persoal e colectivo, a través de recursos vitais para a autonomía, a inclusión e a toma de decisións en igualdade.
Facilitar recursos para facer da Coruña unha cidade libre de violencias machistas.
Facilitar recursos para facer da Coruña unha cidade acolledora e inclusiva.
C) COORDINACIÓN E ALIANZAS PARA A INCLUSIÓN
Facilitar apoio práctico a outras concellarías para orientar os programas e servizos municipais cara ao impacto favorable na igualdade no municipio.
Promover a elaboración de protocolos de coordinación entre institucións e entidades comprometidas coa igualdade na diversidade.
Impulsar o traballo colaborativo entre asociacións e colectivos activos por unha cidade inclusiva e igualitaria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible