Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de maio de 2020

Benestar Social reparte máis de 25.000 menús do programa Bolsa comedor desde que se iniciou o estado de alarma

O Goberno local reforzará os servicios municipais para protexer á crianza máis vulnerable.

A Concellería de Benestar Social repartiu 25.700 menús do programa Bolsa comedor desde que se iniciou o estado de confinamento. Un total de 673 crianzas están dadas de alta no servizo municipal, que se está a prestar tamén nas datas festivas en que se entregan os kits de comida.

O Goberno local, consciente da situación complicada en que se atopan moitas familias da cidade debido a crise sanitaria, ten previsto adoptar novas medidas para reforzar os servizos municipais que traballan para protexer á crianza máis vulnerable,

A maioria das familias recollen o menú no colexio que lles asignan os responsables de Benestar Social. No caso de non poidan saír do seu domicilio, un equipo de voluntarios lévanllo á casa. Así, un total de 99 nenas e nenos reciben os menús na súa casa a través do persoal voluntariado e de Protección Civil.

Os centros educativos Raquel Camacho, María Pita, Víctor López Seoane, Salgado Torres, Fogar de Santa Margarida, e Grande Obra de Atocha, son os puntos onde se fai a repartición.

Por outra banda, o concello respondeu a 1074 peticións de axuda da veciñanza  máis vulnerable a través do dispositivo de voluntariado que puxo en marcha o 13 de marzo. Do total de 530 persoas cooperantes que se inscribiron na convocatoria que realizou a concellería cando se decretou o estado de alarma, activáronse 266.

Estes voluntarios e voluntarias axudan ás persoas que se atopan en situación de dependencia e soidade ou que teñen mobilidade reducida e non poden saír da súas casa. Realizan tarefas como ir ao supermercado, á farmacia, ou acompáñanas ao centro de saúde no caso de teren citas médicas. Ademais, colaboran na repartición de bolsas comedor e de menús e alimentos a domicilio,

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión