Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de xuño de 2017

O Concello acolle este luns actividades impulsadas por colectivos feministas que reclaman ao Estado máis fondos para os municipios contra as violencias machistas

O executivo coruñés únese as esixencias que están a facer numerosas entidades feministas en todo o Estado español. A campaña solicita que se destinen 120 millóns de euros a un verdadeiro “Pacto de Estado contra as violencias”

O Concello da Coruña súmase este luns, xunto con outros municipios de Galicia e do Estado, á iniciativa #19XAlertaFeminista posta en marcha polo tecido social e os colectivos feministas de todo o país, que reclaman que os orzamentos estatais para 2017 aposten pola articulación dun verdadeiro Pacto contra as Violencias Machistas que sexa dotado dos fondos económicos necesarios, que cifran en 120 millóns de euros. Á vez, reclaman un incremento das transferencias que se realizan aos concellos ao ser as institucións máis próximas á cidadanía e polo tanto as que primeiro actúan tanto na loita como na prevención e visibilización das violencias machistas. A concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, explicitou o apoio do Goberno local a esta iniciativa cidadá e destacou o valor "da corresponsabilidade" na loita contra as violencias polo que agradeceu aos colectivos solicitantes "a forza dunha iniciativa que ademais se traducirá nunha serie de actos que terán lugar durante todo o día na Praza de María Pita". "Apoiamos, compartimos e por tanto, acollemos esta iniciativa promovida pola Plataforma Feminista Galega e moitos outros colectivos implicados na loita contras as violencias", destacou a titular de Igualdade, que manifestou que as entidades sociais impulsoras desta campaña serán recibidas no Pazo de María Pita ás 11.30 horas da mañá. "Posteriormente, ás 12.00 horas da procederán á lectura dun manifesto que virá acompañado con diversas actividades lúdicas e de visibilización, como contacontos, presentación de libros e traballos escolares sobre o tema ou actuacións musicais", salientou. "Para o Goberno local é especialmente satisfactorio que nesta ocasión sexa a cidadanía, tanto a organizada como a que no, a que leve o pulso dunha reivindicación coma esta, na que se recoñece a labor dos concellos na loita contra as violencias", subliñou.

"Non é a primeira nin a última vez que solicitemos dende o Goberno local máis fondo para as entidades locais na loita contra as violencias machistas. Se este Goberno, dende a súa chegada a María Pita, foi capaz de aumentar as dotacións en materia de violencias machistas, se fomos capaces de aumentar as actuacións de sensibilización e de denuncia, tamén o pode e o debe facer o Estado central", dixo Fraga. "A cidadanía está corresponsabilizándose, e está a demandar, coma nós que a violencia machista sexa abordada como unha necesaria cuestión de Estado. Así debe ser tratada e entendida no reparto orzamentario", comentou. "As violencias machistas maniféstanse de diferentes formas, sendo a súa manifestación máis cruel o asasinato contra as mulleres e os e as súas crianzas. Pero tamén se manifesta día a día na menor taxa de ocupación feminina, na desigualdade salarial, na precariedade e na feminización dos coidados", di Fraga. "Sumámonos a esta iniciativa e pediremos o apoio do Pleno municipal de cara a reivindicar esta necesidade de fondos", engadiu.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión