Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de outubro de 2019

O Concello impulsa a construción dun centro de rehabilitación para as persoas con parálise cerebral coa cesión dunha parcela en Eirís a ADACECO

O convenio de colaboración coa Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña, ADACECO, asinouse ao remate dos actos polo Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido na praza de María Pita

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Yoya Neira, participaron na mañá deste venres nos actos organizados pola Asociación de Dano Cerebral Adquirido da Coruña, ADACECO, con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido, que se realizaron na praza de María Pita.

No acto, no que tamén estiveron presentes representantes doutros grupos municipais e doutros concellos da comarca, a presidenta de ADACECO, Carmen Fernández, leu un manifesto dirixido a visibilizar a realidade das persoas afectadas polo dano cerebral adquirido e a lle abrir á sociedade o traballo que levan a cabo as diferentes asociacións, ademais de alertar da falta de atención, tanto sanitaria como social, neste eido. Pola súa banda, a alcaldesa tamén lembrou na súa intervención o traballo das familias, polo apoio que lles prestan ás persoas afectadas no "longo camiño" na procura de gañar uns niveis de vida máis dignos e que permiten facer unha vida normal, e das propias persoas afectadas."Agardamos que este día sirva para lles dar voz ao máis de medio millón de persoas con Dano Cerebral e ás súas familias e axudar a visibilizar as súas necesidades de atención e inclusión social" destacou Inés Rey na súa intervención.

Nese sentido, a rexedora comprometeu o apoio do Concello da Coruña, "ao traballo de entidades como ADACECO, para garantir a calidade de vida e a inclusión social destecolectivo".Ao finalizar o acto, a alcaldesa da Coruña e a presidenta de ADACECO asinaron oconvenio mediante o cal a Administración local lle cede á referida entidade, deforma gratuíta e sen cargas fiscais, unha parcela en Eirís para a construción duncentro de rehabilitación para as persoas usuarias da entidade con dúasmodalidades de atención, centro de día e atención ambulatoria, co obxectivo demellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

"Do mesmo xeito que aspersoas con dano cerebral e as súas familias se ven obrigadas a construír novosproxectos de vida cos seus propios medios; cremos necesario crear espazos para aatención ás familias e para a inclusión social do noso colectivo", aseverou aalcaldesa, ao remate do acto de sinatura realizado no Pazo de María Pita.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión