Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2017

Igualdade fomenta a loita contra as violencias machistas e a prol do empoderamento asociativo cunha liña de axudas de 100.000 euros destinada a entidades da cidade

A concelleira Rocío Fraga indicou que o seu departamento porá en marcha un proceso de concorrencia competitiva de cara a subvencionar proxectos realizados polo tecido asociativo da cidade

A Concellería de Igualdade e Diversidade, dirixida por Rocío Fraga, segue adiante coas súas liñas estratéxicas de loita contra as violencias machistas e a prol do empoderamento asociativo cunha liña de axudas de 100.000 euros que teñen como obxectivo axudar ao financiamento de proxectos e entidades. Tal e como explicou a titular deste departamento en rolda de prensa, a pasada semana a Xunta de Goberno local aprobou a apertura dun proceso de concorrencia competitiva ao que se poderán presentar entidades do tecido asociativo, que presenten e desenvolvan proxectos e ideas nesta liña. "Este ano poñemos en marcha dúas liñas de subvención, á primeira busca o mantemento de entidades que faciliten a inclusión das diversidades, mentres que a segunda, centrada na loita contra todo tipo de violencias machistas, comprende a súa vez tres programas diferenciados", enumerou. "Non só actividades para a erradicación de comportamentos violentos contra as mulleres, senón tamén accións para favorecer o recoñecemento da diversidade de entidades e respectando as diferenza persoais, e outras de promoción activa e defensa dos dereitos LGTBQI", indicou a responsable municipal.

De cara a facilitar a participación das entidades asociativas da cidade do ámbito das diversidades e a igualdade, a concelleira levará a cabo un encontro informativo coas mesmas, nas que tratará de resolver calquera dúbida que poida xurdir acerca deste proceso público de concorrencia competitiva. Entre as novidades deste ano figura o feito de que a convocatoria está aberta tamén as entidades que xa contan con subvencións nominativas previstas no orzamento municipal. "O pasado ano estaban excluídas da convocatoria. Nesta edición, non obstante, permítese que participen todas aquelas que contan con convenio nominativo nesta ou noutra área do Concello, sempre e cando non se produza unha duplicidade do proxecto ou a actividade a subvencionar", explicou Fraga, quen manifestou que "unha entidade non ten por que deixar de poñer en marcha unha campaña, por exemplo, pola erradicación das violencias machistas, polo feito de que xa conte cunha axuda para outra actividade ou servizo de carácter social e que, polo tanto, contribúa a facer desta unha cidade mellor e máis xusta". En ningún caso serán subvencionables os gastos en agasallos ou en actividades de protocolo e representación.

Fraga destacou que outra das novidades que figuran nas bases da convocatoria deste ano é que, se ben as entidades que concorran a este proceso deben estar rexistradas no REMAC, ademais, "non poden, baixo ningún concepto, presentar un funcionamento ou actuación que resulte contraria ao principio de igualdade".

"En canto aos criterios de valoración, nesta edición, tamén contamos cunha serie de novidades que tenden a aportar aínda máis transparencia e difusión a todos estes proxectos", explicou a concelleira, que comentou que as entidades que conten con web ou perfís en redes sociais terán unha maior puntuación xa que poderán dar a coñecer de forma máis maioritaria as súas actividades. "Tamén contarán con maior valoración os proxectos ou actividades en rede con outras entidades", salientou Fraga.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión