Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de decembro de 2017

O Festigual pecha a súa programación coa estrea do documental ‘La Gran Boda’ o vindeiro xoves no Teatro Rosalía de Castro

O traballo foi gravado o pasado xullo na praza de María Pita, durante a representación dunha peza teatral de La Quinta del Arte dentro da programación ‘Cultura Accesible e Inclusiva’. A proxección, cuxa entrada é libre, comezará ás 18.30 horas

A programación expandida do Festival de Artes pola Inclusión Cultural Festigual chega o vindeiro xoves, 14 de decembro, ao seu fin, coa proxección do documental La Gran Boda. O traballo, dirixido por Gaspar Broullón, foi gravado durante a representación da obra de teatro do mesmo título que La Quinta del Arte organizou o pasado 28 de xullo na praza de María Pita, como resultado da programación de actividades do proxecto Desde o invisible, posto en marcha pola entidade cultural no marco da primeira convocatoria Cultura Accesible e Inclusiva.  Ao longo da programación do Festigual, La Quinta del Arte tamén organizou un obradoiro formativo no que se preparou a obra Las edades del amor, que se representou no día central do festival promovido polo Concello da Coruña e a Fundación Emalcsa. A estrea do documento audiovisual La Gran Boda terá lugar ás 18.30 horas no Teatro Rosalía de Castro. Antes da proxección, parte do grupo de actores e actrices realizará un pequeno número a modo de presentación da peza teatral, unha obra na que participaron 48 persoas con e sen diversidades, concentrando o espítiro do Festigual. A continuación proxectarase o traballo de Broullón e, a continuación, a experta en creación e produción escénica vinculada á participación comunitaria Eva García impartirá a conferencia Arte e Participación. De seguido, terá lugar un debate aberto moderado por Iago Santalla. A entrada é libre até completar a capacidade do recinto municipal.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión