A través do roteiro Concepción Arenal “Un chocolate con Concha”: O activismo feminista na Coruña do XIX, coñeceremos, a través dun percorrido interpretado, a influencia e sonoridade tecida con outras dúas grandes mulleres da historia da Coruña: Juana de Vega e Emilia Pardo Bazán.
+ 16 anos
Para público en xeral
18/10/2016
Xa rematou
Dende o 13/10/2016 ata o 17/10/2016
de 18.30 a 19.30 horas
Na Coruña acollemos unha vangarda de mulleres bravas que serviron de exemplo a outras moitas. A chegada á cidade de dona Concepción Arenal marcou un fito de gran interese para outras mulleres que tiveron relevancia na historia da Coruña.
Con motivo do centenario da escultura que esta Cidade lle dedicou a dona Concepción Arenal, a Concellaría de Igualdade e Diversidade organiza o roteiro a pé desde María Pita até a escultura ubicada nos xardíns de Méndez Núñez coa intención de homenaxear a esta gran muller precursora que, en pleno século XIX, se atreveu a sacudir a saia e exercer o seu dereito a crear un pensamento propio e traballar por aquilo que consideraba xusto.
A saída farase desde María Pita ás 18.30 horas e finalizará na escultura dedicada a Dona Concepción Arenal, nos xardíns de Méndez Núñez, unha hora máis tarde.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible