Chicago Mass Choir, desde o respecto e a fidelidade á tradición do gospel, presenta no Nadal do 2015 A Spiritual Tribute To B.B. King, unha sentida homenaxe ao rei do blues e lenda da música popular americana.
Para público en xeral
23/12/2015
Xa rematou
Na Spiritual Tribute To B.B. King, Chicago Mass Choir reproduce a música puramente gospel que gravou o gran mestre en 1959, nun disco que foi un marabilloso recoñecemento a todos os cantantes anónimos que inspiraron a xeracións de profesionais. Chicago Mass Choir con este tributo a B. B. King volve traer aos escenarios os vellos himnos que traen ao presente o lume e a beleza do pasado.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible