Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Festi= é o Festival de artes pola inclusión social, un punto de encontro para que toda a cidadanía teña a oportunidade de coñecer e gozar da cultura sen barreiras.
Festi= é un festival expandido, con varias citas e proxectos, e cunha data protagonista: o 3 de decembro, Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial. Será unha xornada que terá como protagonistas ás entidades sociais da cidade, e que estará chea de actividades para todos os públicos e libre de barreiras físicas ou sensoriais.
Programación do 3 de decembro no Centro Ágora, Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial
14:30. Concerto de Demusicade.
15:00. Xantar de convivio.
16:00. Torre de Babel, de Diversos. No auditorio.
16:00 a 18:00. Obradoiro de filatelia e presentación da exposición da Sociedade Filatélica.
17:00. Tres por Cuatro presenta a Robert Pier e alumnado.
17:30. Proxección e charla Un día de cine, do Proxecto Máscaras.
18:00. Representación da montaxe ensaiada nos obradoiros previos de La Quinta del Arte.
18:30. Obradoiro Un museo en movemento, da Asociación de Amigos do Museo de Belas Artes.
19:00. Espectáculo Unhas gafas como as do avó, de Caxoto.
20:00. Concerto de Guadi Galego. No auditorio. (Para convites)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible