Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornada "Outras formas de violencia de xénero: a violencia sexual"

Xornada para reflexionar sobre a violencia sexual e que analizará, entre outros temas, a ciberviolencia, a violencia sexual nos medios de comunicación, o acompañamento terapéutico ás mulleres que sufriron agresións sexuais, e como lle afecta un caso de violencia de xénero á muller e á súa familia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/11/2019

Xa rematou

Inscricións:

Ata o 22/11/2019

É preciso cubrir o formulario de inscrición e envialo ao correo cim@coruna.es

Horario:

De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 17:30 h

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto

Documentos:

Cartel da xornada (2 MB)

Formulario de inscrición á xornada (1 MB)

Programación

09:00 h. Recepción e entrega de documentación.

09:30 h. Inauguración por parte da concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación.

10:00 - 11:00 h. "Tratamento da violencia sexual nos medios de comunicación". Relatora: María Obelleiro Hermida, directora en Sermos Galiza.

11:00 - 12:00 h. "O caso da "Manda" un antes e un despois na regulación dos delitos sexuais en España". Relatora: Patricia Faraldo Cabana, profesora da Universidade da Coruña e catedrática de Dereito Penal.

12:00-12:30: Pausa 

12:30 - 13:15 h. "O acompañamento terapéutico con mulleres que sufriron agresións sexuais". Relatora: Violeta García Gago. Associació Assistència a Dones Agredides Sexualment.

13:15 - 14:00h. "A violencia sexual nas relacións de parella. Pode repararse o impacto da violencia sexual?" Relatora: Ana Beaumont Hernández, psicóloga.

14:00-14:30: Debate relatorios ámbito psicolóxico.

16:00 - 17:30 h. "A ciberviolencia cara ás adolescentes nas redes sociais". Relatora: Ianire Estébanez Castaño, psicóloga especialista en prevención de violencias.

17:30 - 18:30 h. "Intervención con mulleres en materia de saúde sexual e a educación afectivo-sexual desde etapas temperás". Relatora: Marisol Ínsua Martínez, psicopedagoga e experta en saúde sexual dirixida a mozas.

18:30 h. Peche da xornada. Peza teatral enmarcada no proxecto "Retranqueiras" promovido por Ecos do Sur (8 minutos).

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión