“Clausura do amor” é o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor.
Para público en xeral
26/03/2021
Xa rematou
19.30 horas
120 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
9,00 € (carné novo, +65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €)
* Para a aplicación dos descontos é preciso presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo
Será de OBRIGADO cumprimento
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavarse as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal de sala, non estando permitido o desprazamento, salvo que o persoal de sala autoríceo.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala.
RECOMÉNDASE
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forum@coruna.es
O espectador asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous monólogos intensos e inmensos.
IDIOMA: Galego
INTÉRPRETES: Teté García e Xosé Manuel Esperante
AUTORÍA: Pascal Rambert
DIRECCIÓN: Carlos Álvarez-Ossorio
Espectáculo coproducido co Centro Dramático Galego (CDG) e Premio ao Mellor Espectáculo e á Mellor Actriz na XXXI Edición do FestIVEl de Teatro Galego Celso Parada (FETEGA) do Carballiño 2020.
VENDA DE LOCALIDADES
Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
Venda telefónica: 662 867 109
Venda no despacho de billetes do Fórum: media hora antes de cada pase (sempre que queden localidades dispoñibles)
Venda no despacho central da Praza de Ourense: de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h (agás festivos)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible