Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de marzo de 2017

A Concellería de Igualdade pon en marcha un grupo de autoapoio LGTBQI "para favorecer unha socialización integradora"

Rocío Fraga sinala que a iniciativa, “que permitirá construír modelos positivos de identificación sobre as identidades de xénero”, está dirixido a persoas entre os 16 e os 25 anos

A Concellería de Igualdade e Diversidade vén de abrir a inscrición para participar nun grupo de autoapoio para a veciñanza lesbiana, gai, transexual, bisexual, queer e interesexual (LGTBQI) da Coruña. A iniciativa, que parte do Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero, servizo municipal posto en marcha o pasado mes de decembro, ten como obxectivo "a creación dun espazo de seguranza que favoreza unha socialización integradora da cidadanía", segundo explica a edil Rocío Fraga, "e permita construír modelos positivos de identificación sobre a orientación sexual e identidades de xénero, ademais de facilitar o proceso de integración desta". "A finalidade deste grupo será, a través de metodoloxías participativas, "crear un clima de autoreflexión e de apoio grupal que permita acadar estratexias individuais e colectivas de empoderamento", especifica a concelleira. O grupo está destinado a persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais e intersexuais con idades entre os 16 e 25 anos, "coa intención de favorecer a relación das e dos adolescentes con seu grupo de pares", expón a edil, quen destaca que as datas e os horarios "serán consensuados polas persoas que formen parte do grupo de autoapoio LGTBQI".  A proposta inicial é dunha sesión mensual de dúas horas, coa posibilidade de ampliar o horario se o grupo así o require, e tamén en función do número de participantes. Nun primeiro momento, establecerase un grupo de autoapoio. Se a demanda fose elevada, estableceranse distintos grupos en función das diversidades sexuais e identidades de xénero.

O grupo reunirase no Espazo das Diversidades Sexuais, que ofrece asesoramento e información sobre saúde sexual e afectiva de forma totalmente gratuíta e confidencial, así como recursos para a poboación LGTBQI da Coruña. Este servizo atópase no Centro Cívico da Cidade Vella, en horario de luns a venres, de 11.00 horas a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Para máis información sobre o grupo ou formalizar a inscrición, pode chamarse ao 981 189 889, ou escribir ao correo electrónico espazodiverso@coruna.es

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión