30 de agosto de 2019
Os vindeiros 2, 3 e 4 de setembro abrirase a preinscripción das actividades socioculturais dos centros cívicos municipais
A Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación oferta unha ampla gama de actividades e talleres dirixidos a todos os sectores de poboación, cuxa consulta pode facerse nos propios centros cívicos municipais ou na web da concellaría: www.coruna.gal/serviciosociales/es
DATAS IMPORTANTES PARA PARTICIPAR NA II CONVOCATORIA:
PARA SOLICITAR A ADMISIÓN NAS ACTIVIDADES:
Os requisitos de participación no programa de actividades socioculturaispodense consultar nos centros cívivcos municipais,na páxina web da Concellaría de Xustiza Social e Coidados ou directamente na ligazón: www.coruna.gal/servizossociais/gl/actividades/normas-xerais?argIdioma
As persoas interesadas en participar nas actividades deberán formalizar a preinscripción e (en caso de resultaren admitidas) a inscripción, nas datas e horarios establecidos para esta convocatoria.
PARA FORMALIZAR A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES:
As persoas que obtivesen praza no sorteo deberán recoller no centro cívico municipal o formulario para o abono do prezo público que corresponda. No formulario consta o nome da entidade bancaria e o número de conta no que facer o ingreso.
Deberán presentar no centro cívico no que se desenvolva a actividade o resgardo de ter abonado o prezo público que corresponda, según a duración de cada actividade.
No caso de non formalizar ainscrición nos días e horario establecidos para esta II convocatoria, se perderá o dereito á praza, que será ocupada polas persoasda listaxe de agarda.
O custo das actividades para as persoas usuarias ben marcado polaOrdenanza Fiscal nº43:
-Talleres ou actividades de ata 6 h de duración: 4,00€
-Talleres ou actividades ata 15 h de duración: 7,00€
-Talleres ou actividades de 16 ata 32 h de duración: 11,00€
-Talleres ou actividades de 33 ata 64 h deduración: 23,00€
Para máis información poden dirixirse aos centros cívicos municipais,consultara páxina web da concellaría: www.coruna.gal/serviciossociales/es, ouchamar ao teléfono municipal de información 010.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible