Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2023

O Concello da Coruña e Artefíos promoven unha exposición de tapices que aposta pola artesanía inclusiva

A mostra estará aberta á cidadanía no vestíbulo do Centro Sociocultural Ágora do 16 ao 28 de outubro

O Concello da Coruña e a asociación Artefíos para a inclusión de persoas con discapacidade intelectual promoven unha mostra de tapices co obxectivo de fomentar a artesanía inclusiva. A exposición estará dispoñible de maneira gratuíta no vestíbulo do Centro Sociocultural Ágora do 16 ao 28 de outubro.

Estas pezas de téxtil teñen o recoñecemento Marca Artesanía de Galicia. Están elaboradas polos usuarios e usuarias de Artefíos e constitúen unha ferramenta de expresión da súa creatividade fiando o seu mundo interior co mundo que lles rodea. Os tapices créanse en teares de alto lizo con diferentes las. Os chales, bufandas, bolsos ou camiños de mesa en teares de baixo lizo con fibras orgánicas como o liño ou o algodón.

Esta exposición fala da historia de Artefíos como unha das asociacións pioneiras en apostar pola artesanía inclusiva como ferramenta para mellorar a empregabilidade e competencias persoais, laborais e formativas de persoas con discapacidade intelectual demostrando que eles e elas tamén son capaces e teñen dereito a ser unha parte activa da nosa sociedade.

O Goberno de Inés Rey aposta por dar espazo a este tipo de iniciativas e apostar por unha cultura inclusiva na cidade. O Concello traballa da man de asociacións como Artefíos en diferentes iniciativas que ao longo do ano benefician os seus usuarios e usuarias e ao resto da cidadanía.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión