Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de agosto de 2023

O Concello habilita os puntos violeta que reforzarán o dispositivo de seguridade e prevención durante esta fin de semana

Os espazos, que contarán cunha dotación de tres persoas para ofrecer atención e asesoramento, estará ubicados na praza de Pontevedra nas noites do venres e o sábado, así como o domingo no Parrote

O Concello da Coruña habilitará esta fin de semana un total de tres puntos violeta para previr, asesorar e atender ante posibles condutas de violencia sexual durante estas Festas de María Pita na cidade.

Os puntos violeta contarán cunha dotación de tres persoas -unha psicóloga e dous dinamizadores expertos en violencia de xénero- que ofrecerán información co obxectivo de sensibilizar a cidadanía. Tamén serán espazos seguros para denunciar calquera situación de violencia sexual que poida producirse durante as festas.

Está previsto que os dous primeiros dispositivos se instalen no contexto do Festival Noroeste Pop Rock, entre este venres 11 e o sábado 12, así como na noite do sábado 12 ao domingo 13, sempre en horario de 22.00 a 02.00 horas. A localización deste punto violeta, de carácter fixo, será a praza de Pontevedra.

Outro punto violeta, xa na noite de domingo a luns, na contorna do Parrote

Tamén esta fin de semana, xa entre o domingo 13 e o luns 14, coincidindo co concerto dos 40 Summer Live na praza de María Pita, o punto violeta pasará a estar situado no cruzamento da rúa Santiago co paseo do Parrote.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión