Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de decembro de 2023

O Concello licita a xestión de Puntos Violeta nos grandes eventos da cidade para os próximos dous anos

O Goberno de Inés Rey reforza deste xeito o seu compromiso coa prevención, información e intervención ante condutas machistas

A Área de Benestar Social do Concello da Coruña licita o servizo de xestión integral dos Puntos Violeta que se instalarán nos próximo dous anos durante as festas máis significativos da cidade como o Entroido, San Xoán e as festas de María Pita, así como para eventos de carácter puntual. 

Cos Puntos Violeta, o Goberno de Inés Rey reforza o seu compromiso coa prevención, a información e a intervención ante posibles condutas machistas. O prezo de licitación do servizo é de 65.487,43 euros.

Os obxectivos que se perseguen coa prestación deste servizo son os seguintes:

  • Implicar a poboación coruñesa na erradicación das violencias machistas e, máis concretamente, da violencia sexual, proporcionando información sobre estas materias.
  • Proporcionar información sobre os recursos e servizos especializados cos que conta o concello en materia de violencia de xénero e outras violencias machistas.
  • Ofrecer atención e, no seu caso, acompañamento a adolescentes, mulleres novas e adultas que sufran algún tipo de violencia de xénero, en especial, violencia sexual. 
  • Proporcionar atención e, no seu caso, acompañamento a persoas que sufran outras violencias machistas.
  • Proporcionarlle información ás persoas que presencien algunha manifestación relacionada coas violencias machistas, sobre a súa actuación.

O contrato iniciarase na primeira quincena do mes de febreiro do 2024 e finalizará o 31 de agosto de 2025. 

O servizo poderase prestar de tres formas: en puntos fixos da cidade mediante postos ao aire libre durante os eventos de grande afluencia de persoas; en puntos fixos da cidade situados en instalacións pechadas con grande asistencia de público novo (centros comerciais, universidade...) ou de forma itinerante. 

O equipo técnico de cada punto estará composto por tres persoas: un/unha profesional da psicoloxía que desempeñará as funcións de atención e acompañamento en caso de agresión machista e dúas persoas expertas en materia de igualdade e violencias machistas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión