Concello da Coruña

Concello da Coruña

III Edición do Obradoirio "Fotografía, Xénero e Diversidade: Diálogos e aprendizaxes a través da imaxe"

III Edición do Obradoiro de Fotografía, Xénero e Diversidade: Ffotoeduca, impartido coma en edicións anteriores, pola docente Mariola Mourelo (FFotoeduca).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/04/2022 ata o 01/06/2022, os mércores

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/03/2022 ata o 13/04/2022

As persoas serán admitidas por orde de inscripción.

Podes facelo chamando ao Espazo Diverso de 10:00 hr.-13:30 hr. ou de 17:00 hr.-20:30 hr. e reservar a túa praza no telf.: 981 189 889 ou enviando un correo a espazodiverso@coruna.gal, co teu nome, apelidos e un teléfono de contacto.

Horario:

De 18:00 a 20:00 h.

Enderezo:

Centro Cívico Cidade Vella. Rúa Veeduría 2. 15001 A Coruña

Na sala multiusos

Número de prazas:

O aforo está limitado a 20 participantes (por medidas sanitarias)

Prezo:

Gratuíto

Organiza:

Espazo das Diversidades Sexuais e Identidades de Xénero do Concello da Coruña

Documentos:

Cartaz-fotografia-e-Xenero-Espazo-Diverso-2022.png (1 MB)

CONTIDOS

Durante 7 sesións abordaremos a fotografía dende a perspectiva técnica, aprendendo o manexo básico da túa cámara, e dende a teoría e reflexión sobre a imaxe como medio de comunicación, creación e transformación de discursos persoais e políticos.

Coñeceremos a artistes e pensadores de diferentes partes do mundo a desafiar os límites e barreiras que a sociedade impón nas identidades interseccionais dende a perspectiva de xénero e feminista, creando novas realidades a través da propia existencia.

Non precisas dunha cámara específica, podes utilizar a que teñas na casa, un mobil e que utilices máis habitualmente. Adaptarémonos aos diferentes tipos, centrándonos nos principios básicos da luz e funcionamento da nosa máquina fotográfica.

Sesión 1: Introduccións á alfabetización visual con perspectiva crítica de xénero: Ler e escribir imaxes (21/04)

Sesión 2 e 3: Manexo da cámara fotográfica (28/04 e 5/05)

Sesión 4: A fotografía e a identidade de xénero e sexual (12/05)

Sesión 5 e 6: Proceso creativo: como contar historias visuais, exemplos e prácticas non-normativas (19/05 e 26/05)

Sesión 7: Conclusións e práctica final (2/06)

ffotoeduca é un proxecto de fotografía participativa que traballa dende a perspectiva da educación popular e feminista.

Para saber máis: www.ffotoeduca.com

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión