Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: Presentación do libro "Mundanal ruido. Poemas para un tiempo revuelto"

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

22/04/2024

Xa rematou

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 22 de abril ás 19.00 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Mundanal ruido, poemas para un tiempo revuelto" de Rebeca R. Dapena.

SINOPSE:

Mundanal ruido, poemas para un tiempo revuelto é unha obra que plasma a realidade desta vida observable. Ás claras. De como tentamos ser felices e abundantes, moitas veces seguindo pautas e dogmas preestablecidos. Da concepción da vida en sociedade. Do persoal. E tamén da túa liberdade. De revalorizarse, de transformarse.Unha proclama tamén ao paso do tempo e a esta existencia, ata a mesmísima morte. Pensamentos e poemas de rima curiosa e rápida lectura que profundan en distintos momentos da vida a medida que ti avanzas o libro. Unha pequena gran reivindicación, querido lector, se todos estamos a formar parte deste mundo, co seu mundanal ruído."Aí vou de novo. Á vida, a outro día. A este circo, ao invento""Nin cabaleiro nin princesa..."

BIOGRAFÍA:

Rebeca R. Dapena é unha autora xenuína nada en Monforte de Lemos (España).

Defínese como escritora desde a súa infancia, utilizando tanto o xénero lírico como narrativo, e é agora que se decide a dar o paso cara ao mundo da publicación que o fai expresándose por medio da poesía no seu primeiro libro aberto ao público.

Atemporal e activa, R. R Dapena defínese como defensora da consciencia do ser. A través da madurez dos seus anos de experiencia soubo atopar o equilibrio entre o seu lado máis espiritual e as súas facetas máis humanas.

Acceso libre ata completar capacidade.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión