Unha exposición na Domus sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU.
A exposición aborda temas que van desde a vida urbana e a educación ata o acceso á auga, a saúde ou a igualdade de xénero. Os ODS son 17 obxectivos que están relacionados, de forma directa ou indirecta, coa nutrición.
As experiencias que se propoñen na exposición inclúen unha gran roda sobre a que hai que camiñar e comprobar as calorías consumidas, como exemplo do exercicio físico que debemos realizar. Tamén unha báscula especial que indicará a cantidade de auga que corresponde ao peso da persoa que se suba a ela; un módulo sobre técnicas culinarias que propón realizar estimacións de peso, volume e tempo, parámetros que se empregan habitualmente na preparación de comidas; a reprodución dos sons que se producen durante a dixestión, en especial ao comer legumes; un mesa cunha pantalla táctil na que se propón un xogo que mostra que comer non só implica alimentarnos senón tamén experiencias agradables a todos os sentidos; ou unha actividade de creación de figuras de froitas con papiroflexia.
«Bocados» é unha produción dos Museos Científicos Coruñeses.
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía- Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible