Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Aquarium Finisterrae

O Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como Casa dos Peixes, é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e á divulgación científica de temas mariños.

O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de cariño cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por 338 especies diferentes.

Exposicións

> SALA ISABEL CASTELO

Está dedicada a exposicións temporais de fotografía de natureza e medioambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano. Na actualidade mostra a exposición « Fotógrafos da Natureza 2018 ».

> SALA MAREMAGNUM

É o núcleo educativo do Aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.

> SALA HUMBOLDT

Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido tamén se renova con periodicidade. Na actualidade acolle a exposición «Muuultiplicaos», sobre a acuicultura no mundo.

> SALA NAUTILUS

É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Foi deseñada para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra a do gabinete do Capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como os tiburóns, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e meros. Tamén hai bancos de xardas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luis Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.

> TERRAZAS EXTERIORES

Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro "Mar Exeo", que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules provocando unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven 5 machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde están 9 femias da mesma especie de foca.

Actividades

Visita guiada

> Todos os días ás 11:00 e ás 16:30 h

Alimentación de tiburóns

> Luns, mércores e venres ás 11:30 h

Alimentación de poboación de focas

> Todos os días ás 12:00 e ás 17:00 h

Taller infantil na Charca das caricias

> Todos os días ás 13:00 e ás 18.00 h

Horario

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10:00 h a 18:00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11:00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10:00 h a 20:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10:00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

24 de decembro: 10:00 h a 14:00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: 10:00 h a 14:00 h

ENTRADAS

> Xeral: 10 euros

> Reducida: 4 euros*

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación do documento acreditativo; Carné Xove e membros de familias numerosas, tras a presentación do documento acreditativo

> Gratis

  • Os festivos locais do Concello da Coruña (13 de febreiro e 8 de marzo)
  • Día da Ciencia na Rúa (5 de maio)
  • Día dos Museos (18 de maio)
  • Semana da Ciencia (do 12 ao 18 de novembro)
  • Persoas con discapacidade
  • Menores de 4 anos
  • Guías turísticos/as no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné
  • Persoal docente debidamente acreditado
  • Estudantado da Universidade da Coruña
  • Xornalistas debidamente acreditados/as

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Tarxeta Vente: 20 euros

> Tarxeta Vente Mini: 10 euros*

*Menores de 14 anos e maiores de 65

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (só un acceso por museo), para iso é necesario conservar o bono en perfecto estado.
  • Tarxetas Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural que se conta desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI (no suposto dos/as menores de 14 anos, se dispoñen del) cada vez que se empreguen.

Enderezo:

Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Como chegar:

Autobús: Liña 3 - Liña 3A - Liña 11

Bicicoruña: Paseo marítimo (Aquarium)

Teléfono:

981 189 842

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?