Concello da Coruña

Concello da Coruña

AVISO

A Casa das Ciencias está pechada debido ao corte do acceso ao parque de Santa Margarita por alerta meteorolóxica

    Domus

    Domus foi o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano, e é o segundo dos tres Museos Científicos Coruñeses.

    O edificio, obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki, ten máis de 150 módulos interactivos para divertirse e reflexionar sobre as características da especie humana.

    EXPOSICIÓNS

    > BOCADOS

    Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñer fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

    > XOGO DE NEURONAS

    Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

    > XENÉTICA

    Investiga que é a enxeñería xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descobre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades dos visitantes ao redor dun tema científico de continua actualidade.

    > EVOLUCIÓN

    Descobre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e os investigadores de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humana na exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. ¿Cando deixamos de ser caníbales? ¿Era capaz de falar o home de Neandertal? ¿Quen foi o primeiro europeo? ¿Como vivían os nosos antepasados? ¿Somos tan exclusivos como cremos?

    MINIDOMUS

    Un espazo de experiencias para o público infantil (de 0 a 6 anos) con módulos baseados no xogo, o fomento da curiosidade e as habilidades propias da infancia.

    Os nenos e as nenas de menor idade poderán explorar a presión do aire lanzando panos de tea por distintos percorridos e descubrir cal é o máis rápido, xogar coa luz e as cores, creando obras luminosas, construír e experimentar con engrenaxes, poleas e manivelas, probar o equilibrio e a gravidade montando estruturas en superficies con diferentes ángulos, crear máquinas móbiles con rodas, eixos, cordas e circuítos en zigzag, dar forma a ideas con pezas de construción, usando rodas, soportes e parafusos de bolboreta, e deixar voar a imaxinación creando mundos con grandes bloques, desde dinosauros ata naves espaciais.

    ESPAZOS SINGULARES

    > LABORATORIO ABERTO

    O Laboratorio Aberto é o espazo de experimentación da Domus con talleres e actividades dirixidas a grupos escolares.

    > maker@domus

    maker@domus é un espazo da Domus para experimentar a cultura maker e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar coas mans. Para grupos escolares.

    Consulta os talleres dispoñibles na pestana de actividades da Domus da nosa sección « Visitas escolares »

    CINEMA

    Na sala Leonardo dá Vinci podes gozar de cinema científico nunha pantalla de 80 m2 e con 4000 watts de son de calidade dixital.

    A entrada á sesión de cinema é gratuíta, está incluída no prezo da entrada ao museo e suxeita á dispoñibilidade do espazo.

    HORARIO

    > INVERNO (xaneiro e febreiro)

    Luns a venres: 10.00 h. a 18.00 h.*

    Sábados, domingos e festivos: 11.00 h. a 19.00 h.*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    1 e 6 de xaneiro: pechado.

    > PRIMAVERA (marzo a xuño)

    Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    > VERÁN (xullo e agosto)

    Luns a domingo: 10.00 h. a 20.00 h.*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    > OUTONO (setembro a decembro)

    Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*

    24 de decembro: 10.00 h. a 14.00 h.*

    31 de decembro: 10.00 a 14.00 h.*

    *O acceso péchase 30 minutos antes.

    25 de decembro: pechado.

    ENTRADAS

    >> As entradas adquírense na recepción da Domus no momento de facer a visita.

    Se queres comprar entradas con antelación, podes facelo aquí. Nestes momentos só se poden comprar entradas de tarifa xeral. As entradas de tarifa reducida, gratuíta, Bono 3 Casas e Cartóns Vente deben comprarse na recepción do museo.

    > Xeneral: 2 euros

    > Reducida*: 1 euro

    *Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Novo, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

    > Gratis

    • Festivos locais do Concello da Coruña. 17 de febreiro e 7 de outubro de 2026.
    • Día da Ciencia na Rúa. 9 de maio de 2026
    • Día dos Museos
    • Semana da Ciencia. Do 7 ao 15 de novembro de 2026
    • Persoas con discapacidade
    • Menores de 4 anos
    • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo
    • Persoal docente, debidamente acreditado (carné profesional ou certificado da dirección do centro)
    • Estudantes da Universidade da Coruña, tras a presentación de carné acreditativo
    • Xornalistas, debidamente acreditados
    • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias
    • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos

    > Bono Tres Casas: 12 euros

    > Cartón Vente: 20 euros

    > Cartón Vente Mini*: 10 euros

    *Menores de 16 anos e maiores de 65

    • Bono Tres Casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado. Debe adquirirse na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.
    • Cartóns Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen. Á venda na recepción dos tres museos.

    VISITAS ESCOLARES

    Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión