Para realizar calquera trámite na súa tarxeta física Millennium, por exemplo solicitar cambio de perfil, renovación etc. ten que solicitar cita previa.
Tarxeta de bus xeral coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.
Documentación (particulares):
Documentación (empresas):
Custo da tarxeta (taxa):
Empadroados e non empadroados no Concello da Coruña: 3 €.
O pagamento da taxa realizarase en calquera caixeiro de Abanca
Roubo, perda ou deterioración:
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta, pódese solicitar un duplicado ou a reparación da mesma (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
Substitución da tarxeta por mal funcionamento
En caso de que a substitución da tarxeta teña a súa orixe por un mal funcionamento, sen responsabilidade do usuario/a (por tanto debe achegar a tarxeta ), non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expídese no momento.
Poderá recuperar o saldo que tiña na tarxeta acudindo a unha das oficinas de Abanca na opción de Aboamentos Pendentes.
Substitución da tarxeta por roubo, extravío ou rotura
É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, (Ordenanza fiscal Nº1, epígrafe 1.11.4).
En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (obrigatoria a entrega da tarxeta recuperada)
Normas xerais:
22 de decembro de 2022
Dirixido a maiores de 7 anos, incorpórase á programación do Planetario este Nadal
21 de decembro de 2022
A mostra contén fotografías, fragmentos de testemuños da cidadanía e esculturas creadas a partir dos restos do naufraxio.
12 de decembro de 2022
Está formada por 15 fotografías e un vídeo no que se mostran especies de cetáceos do Atlántico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible