A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae mostra a exposición «Fotógrafos da Natureza 2018», que contén as imaxes galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year.
Este certame arrincou no ano 2000, promovido pola Asociación Alemá de Fotógrafos da Natureza (GDT, polas súas siglas en alemán). Desde entón, o desenvolvemento, prestixio e crecemento do concurso foi extraordinario, traspasou as fronteiras europeas e acadou renome mundial.
Por primeira vez, nos seus dezaoito anos de historia, resultaron gañadoras absolutas 2 fotografías completamente distintas en contido e expresión, aínda que cunha harmonía especial entre ambas.
Dez categorías
A exposición está formada por un total de 84 imaxes, entre gañadoras e finalistas nas diferentes 10 categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Plantas e fungos, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición, Mellor fotógrafo/a menor de 14 anos, Mellor fotógrafo/a entre 15 e 17 anos.
Entre elas están as imaxes de 9 fotógrafas e fotógrafos españois, 2 delas gañadoras nas categorías Outros animais e Mellor fotógrafo menor de 14 anos. Son imaxes sorprendentes, visualmente moi impactantes, poéticas e en ocasións tamén divertidas, que ensinan a beleza única da natureza.
Exposición temporal ata o 31 de outubro
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible