Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2025

Os Prismas son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para premiar a difusión da cultura científica e apoiar a profesionais que traballan neste campo.

XXXVIII CONVOCATORIA | PECHADA

2 XUÑO 2025, 12.00 h | Fin do prazo de presentación de traballos en todas as modalidades.

15 NOVEMBRO 2025 | Entrega de premios (Concello da Coruña)

    GAÑADORES PRISMAS 2025

    > Mellor traballo en vídeo

    Querida gaivota maldita!, de Manuel Pedrosa Sánchez e Mariam Marino Casal, por reivindicar o papel das gaivotas nos nosos ecosistemas costeiros a través dunha coidada produción audiovisual.

    > Mellor traballo en novos medios

    Reacciona Explota, canle de Youtube de Aythami Soto Rodríguez, por espertar o asombro narrando con profundidade aspectos pouco coñecidos da ciencia.

    > Mellor proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano

    Agua clara, de Stéphanie Aparicio Antón, un proxecto de divulgación científica en redes sociais que aborda con claridade e sentido do humor cuestións esenciais sobre a xestión e o consumo da auga.

    > Mellor artigo xornalístico

    Rodeados de microplásticos: la contaminación minúscula que bebemos, comemos y respiramos, de Clemente Álvarez e Laura Navarro, publicado en El País, por abordar un tema relevante con mirada ampla e solidez gráfica e narrativa.

    Mención honorífica para El darrer alè del mar dÁral, de Laura Carrau Pascual e Rafael Marcé Romero, publicado en Revista Mètode.

    > Mellor trababajo en radio

    ¿Por qué andamos con dos piernas?, de Xaviera Torres e Raquel Martín Alonso, para RTVE, un programa luminoso que parte da curiosidade infantil e chega a todos os públicos.

    > Mellor proxecto singular

    Més que ciència, de Daniel Amatller, por combinar as novas tecnoloxías e a calidez da atención personalizada para levar a divulgación científica a persoas maiores ou en situación de dependencia.

    Mención honorífica para Hypatia II: abriendo el espacio a la mujer, da Associació Hypatia Mars, por promover referentes femininos na ciencia e na exploración espacial.

    > Mellor libro editado

    ¿Por qué soñamos? Y otras grandes preguntas sobre dormir y el sueño, de Pablo José Barrecheguren Manero, en Plataforma Editorial, por contar de forma rigorosa e amena a importancia do sono e os soños.

    > Prisma Especial do Xurado ao Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC), por un sólido proxecto de comunicación científica caracterizado pola calidade e a audacia na exploración de novos formatos.

    Modalidades

    • Vídeo
    • Novos medios
    • Proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano
    • Artigo xornalístico
    • Radio
    • Proxecto singular
    • Libro editado
    • Prisma Especial do Xurado

    As bases dos premios están dispoñibles para a súa descarga na parte inferior desta páxina.

    Como participar?

    Os traballos presentados como candidatos aos premios versarán sobre calquera tema en relación coas ciencias físicas e naturais, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas. Os traballos, acti­vidades e iniciativas obxecto de candidatura deberán estar dirixidos ao público en gene­ral, e excluiranse os destinados a especia­listas.

    As fichas de participación están nun documento PDF na parte inferior desta páxina.

    • PRAZO

    Ata o 2 de xuño de 2025

    • ENVÍO DE TRABALLOS

    Cada candidatura irá acompañada dunha ficha de participación debidamente cuberta, cumprindo as condicións detalladas nas bases xerais e nas bases específicas de cada modalidade. Deben ser enviadas ao seguinte correo electrónico:

    premios@casaciencias.org

    Dotación dos premios

    - Vídeo: Prisma de Bronce + 4.000 euros

    - Novos medios: Prisma de Bronce + 4.000 euros

    - Proxecto de divulgación científica sobre a auga no medio urbano: Prisma de Bronce + 4.000 euros

    - Artigo xornalístico: Prisma de Bronce + 4.000 euros

    - Radio: Prisma de Bronce + 4.000 euros

    - Proxecto singular: Prisma de Bronce + 4.000 euros

    - Libro editado: Prisma de Bronce para a editorial

    - Premio Especial do Xurado: Prisma de Bronce

    Gañadores das edicións anteriores

    Traballos multimedia

    2024

    Mellor traballo en vídeo: Cáncer, el legado de la evolución, de Pere Renom e Ramón Balagué, producido por Minifilms i 3CAT.

    Mellor traballo en novos medios: Science Media Center España, un proxecto de FECYT .

    Mellor proxecto de sensibilización e divulgación sobre os océanos: Del Ártico al Cantábrico, dos Servizos Informativos de EITB Media.

    Mellor traballo en radio: Tu cerebro es oro, ¿qué harás con él cuando mueras?, un podcast de Belén Remacha Ciutad.

    Mellor proxecto singular: Vagón de la ciencia, da Universitat Autònoma de Barcelona.

    2023

    Vídeo: Maa-Yiem, la extraordinaria historia de Jordi Sabater Pi, de Alfonso Par.

    Novo medio: Amautas: la aventura del conocimiento, presentado por Javier Santaolalla Camino, Jorge Pérez Melián e José Daniel Edelstein Glaubach.

    Proxecto singular: María Andresa Casamayor, presentado por Julio Bernues Pardo, Pedro Miana Sanz Raquel Villacampa Gutiérrez e Instituto Universitario de Matemáticas e Aplicacións da Universidad de Zaragoza.

    Radio: Desdibuixem les cançons de Marco Mezquida amb les il·lusions musicals, de Laura Farré Rozada.

    2022

    Vídeo: «Camino a Congreso», unha webserie do IAA-CSIC.

    Novo medio: «Yonki Books», de Oihan Iturbide.

    Proxecto singular: «Dones de ciencia», promovido pola Universidad Politécnica de Valencia.

    Radio: «La lupa sónica», un podcast de María Teresa Pérez Cidoncha e Xaviera Torres Joerges.

    2021

    Vídeo: «The melting point», de Phorus Producciones.

    Novo medio: «The conversation España».

    Proxecto singular: «OdourCollect», de Rosa Arias en Science for Change.

    Radio: «Las científicas del coronavirus, retratos sonoros de una pandemia», de Núria Jar Benabarre para Agencia SINC.

    2020

    Vídeo: Des-Extinción, emitido en TVE, con guión e dirección de Alfonso Par para Turkana Films.

    Novo medio: «Maldita Ciencia».

    Radio: «La maravillosa química de las cosas cotidianas», de Antonio Rivera, emitido en A ciencia cierta, de CV Radio.

    Proxecto singular: «PDICiencia», de Diego Ortega Alonso e a Asociación de Familiares e Amigos de Persoas con Discapacidade Intelectual.

    2019

    Vídeo: «Desextinció: revivir una especie», reportaxe do programa Quèquicom, emitido en TV3.

    Novo medio: «GCiencia».

    Radio: «Ciencia Extrema: del Amazonas a la Antártida», de Ciencia Cruda.

    Proxecto singular: Triformato «El Enigma Agustina: contar una historia desde la radio, el cine y el teatro».

    2018

    Vídeo: «El reloj interno», de Pere Estupinyà.

    Web: «Gaussianos», blog de Miguel Ángel Morales Medina.

    Radio: «Radioscopio: viaje a Lovaina» de Susana Escudero Martín, Emilio J. García Gómez-Caro e José M. Álvarez Estévez, emitido en Radio Andalucía.

    2017

    Vídeo: «¡Qué animal! Parque natural de las fragas del Eume» de Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola, emitido en La 2 de TVE.   

    Web: «Ciencia de sofá» de Jordi Pereyra Marí.     

    Radio: «El café cuántico 6: sobre primates, ratones y feromonas» de Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives, emitido en Burjassot Radio. 

    2016

    Vídeo: «Soy esa bacteria que vive en tu intestino», presentado por Julio Ruiz Monteagudo

    Web: «Principia», presentado por Enrique Royuela, Cristina Escandón e Javier Díaz-Romeral

    Radio: «Manipulación de la memoria», presentado por Susana Escudero Martín e Emilio J. García Gómez-Caro

    2015

    Vídeo: «Científicos del IRB Barcelona bailan por la investigación en cáncer, Alzheimer y diabetes», presentado polo Institut de Recerca Biomèdica de Barcelona.

    Web: «Materia», presentado por Patricia Fernández de Lis

    Radio: «El cambio climático. ¿Se ha vuelto loco el clima?», presentado por Javier Gregori

    2014

    Vídeo: «Wilmed, el último bosque mediterráneo», presentado por Arturo Menor Campillo

    Web: «Agencia SINC», presentado por Esperanza García Molina

    Radio: «Un protozoo gigante en la costa murciana», presentado por Mª Josefa Moreno

    Artes escénicas: «Mensaje para Chuck Norris: no te metas a científico, por favor te lo pido», presentado por Arturo Quirantes

    2013

    Vídeo: «La maldición del cocodrilo de Ricla», presentado por Carmina Puyod

    Web: «Mati y sus mateaventuras», presentado por Clara Grima Ruiz e Raquel García Ulldemolins

    Radio: «Vacinas? Si, por suposto», presentado por Manuel Vicente García

    Artes escénicas: «Rosalind & Marie», presentado por HelenaTurboTeatro

    2012

    Vídeo: «Escépticos ¿Fuimos a la Luna?», presentado por José A. Pérez González

    Web: «Naukas», presentada por Javier Peláez, Antonio Martínez e Miguel Artime

    2011

    Vídeo: «En busca del primer europeo», de Televisión Española e Turkana Films

    Web: «Leyendo el libro de la vida», presentado por Jordi Doménech Casal

    2010

    Vídeo: «En busca do mexillón de río», documental orixinal de Federico de la Peña Santos

    2009

    Vídeo: «Descubriendo el comportamiento animal», serie documental orixinal de Alberto José Redondo Villa e Juan Carranza Almansa

    2008

    Vídeo: «El nuevo universo, cómo la física cambió al mundo», documental orixinal de Ana Luisa Montes de Oca, Alberto Nulman, Alberto Guijosa e Alejandro Corichi

    2007

    DVD: «Los mares dulces de Galicia», documental orixinal de Manuel Enrique García Blanco

    2006

    DVD: «Colón, los enigmas», DVD producido por Televisión Española para o programa Informe Semanal e presentado por M.ª Jesús Cañellas e Pedro Pablo Menéndez

    2005

    Web: «caosyciencia.com», Gabinete de Dirección do Instituto de Astrofísica de Canarias

    2004 

    DVD: «Mar de estrelas», documental de Jorge Candán

    2003 

    DVD: «Anuario: El observatorio 2002», DVD de Canal Sur

    2002 

    Vídeo: «Misión a Marte», documental de M.ª Jesús Canellas

    2001 

    Vídeo: «Os tesouros da ría de Vigo», documental de Marevisión, S.L.

    2000

    Web: «La ciencia es divertida». Antonio Varela Caamaño

    1999

    Soporte informático: «Cómo funcionan las cosas». Zeta Multimedia, S. A.

    Vídeo: «Enfermedades genéticas». Dr. J. Egozcue

    1998 

    Soporte informático: «La Tierra». Zeta Multimedia, S.A.

    Vídeo: «Viaxe en Paramecio». Carlos Pérez Valcárcel

    1997 

    Soporte informático: «Taller de Inventos». Zeta Multimedia, S.A.

    Vídeo: «Atapuerca. El misterio de la evolución humana». Javier Trueba

    1996

    Soporte informático: «Enciclopedia de la naturaleza». Zeta Multimedia, S.A.

    Vídeo: "El latido de la braña". Federico de la Peña Santos

    1995 

    Soporte informático: «Enciclopedia virtual de la Ciencia». Zeta Multimedia, S.A.

    Vídeo: «A Cavern Beyond Time». Cristian Lascu de Editura Video-Guess, en Romanía

    1994 

    Soporte informático: «Earth and Universe». Planetario de Armagh, de Irlanda do Norte

    Vídeo: «Otros vecinos. Flora y fauna de los pueblos». Juan A. Llano, Enrique Coto e Ramón Campoamor, de San Idelfonso (Segovia)

    1993 

    Vídeo: «Hubble: Report from Orbit». Mark C. Petersen. Loch Ness Productions, de Boulder en Colorado (EEUU)

    1992 

    Vídeo: «Aigüamolls de L'Empordà: Zona dulce». Rubio García, de Granollers (Barcelona)

    1991 

    Vídeo: «Oxygen. What a gas!». Jack Micay, de Toronto (Canadá)

    1990 

    Vídeo: «¿El Retorno de Némesis?». Video Play Serveis, de La Bisbal D'Empordà en Girona

    1989

    Vídeo: «Energía Solar». I+V, Vídeos Técnicos, de Madrid

    1988 

    Vídeo: «Los trasplantes». UNED

    Textos inéditos

    2021

    «Pioneras en geología», de Guiomar Calvo Sevillano.

    2020

    «Expedición al volcán de sal», de Silbia López de Lacalle.

    2019

    «La trastienda de la ciencia», de Miguel Angel Sabadell.

    2018

    O xurado decidiu declarar deserto este premio.

    2017

    «¡Hay una mujer en mi experimento! Un viaje con las grandes científicas de la historia», de Jorge Roberto Gutiérrez Bolívar.

    2016

    «Fractales y caos. La aventura de la complejidad», de Vicent J. Martínez, Fernando J. Ballesteros e Silvestre Paredes

    2015

    O xurado decidiu declarar deserto este premio.

    2014

    «El encantador de saltamontes», de David González Jara

    2013

    O xurado decidiu declarar deserto este premio.

    2012

    «Dispara tu primero y otras historias de la neurociencia», de José Ramón Alonso Peña

    2011

    Os Prismas 2011 non incluíron esta categoría.

    2010

    «El siglo de oro de la Biotecnología vegetal. Cien años que han cambiado nuestra visión de las plantas», de José María Seguí Simarro

    2009

    «Vivir dos vidas. Un viaje por la metamorfosis de los insectos», de Xavier Bellés

    2008

    O xurado decidiu declarar deserto este premio.

    2007

    O xurado decidiu declarar deserto este premio.

    2006

    «En el límite de la vida. Un siglo de virus», de Vicente Pallas

    2005

    «Cuando éramos caníbales», de Carles Lalueza Fox

    2004 

    «Equilibrio de tensiones», de José Antonio Bustelo Lutzardo

    2003 

    «El genoma fluido» de Josep M. Casacuberta

    2002 

    «Adaptarse a Internet», de Helena Matute

    2001 

    «Historia del futuro», de Pablo Francescutti Pérez

    2000

    «Metaevolución. La Tierra en el espejo», de Pedro Gómez Romero

    1999

    «El precio biológico de la civilización», de Isaac Amigo Vázquez

    1998

    «Las plantas en la brujería medieval», de Ramón Gómez Fernández

    1997

    «La revolución del metro», de José Antonio de Lorenzo Pardo

    1996 

    «El arca de la biodiversidad», de Antonio Pascual Trillo

    1995 

    «La ciencia es cosa de hombres (homo sapiens)», de Manuel Calvo Hernando

    1994

    «Por los senderos de la ciencia», de Constantino Armesto

    1993 

    «Láseres. Emisores de luz especial», de Manuel-Luis Casalderrey

    Libros editados

    2024

    Neuronas para la emoción, editado por Shackleton Books, orixinal de Xurxo Mariño.

    2023

    La lira desafinada de Pitágoras, de para Almudena Martín Castro Harper Collins Ibérica.

    2022

    «Acoso», de Ángela Bernardo Álvarez en Next Door Publishers.

    2021

    «Eso no estaba en mi libro de Botánica», de Editorial Guadalmazán, escrito por Rosa Porcel.

    2020

    «Ciencia sin ficción», editado por Debate, de Jesús Méndez, Pere Estupinyá, Javier Salas, Sergio C. Fanjul e Belén Gopegui.

    2019

    «Einstein para perplejos», editado por Debate, de José Edelstein e Andrés Gomberoff.

    2018

    «¿Funcionan las vacunas?», de Ignacio López-Goñi e Oihan Iturbide, publicado por Next Door Publishers.

    2017

    «Todo es cuestión de química» de Deborah García Bello, publicado pola Editorial Paidós.   

    2016

    «Orígenes. El Universo, la vida, los humanos», de Carlos Briones, Alberto Fernández Soto e Jose Mª Bermúdez de Castro. Editorial Crítica do Grupo Planeta.

    2015

    «Comer sin miedo», de José Miguel Mulet. Ediciones Destino

    2014

    «Donde el día duerme con los ojos abiertos», de Toni Pou. Editorial Anagrama

    2013

    «Los engaños de la mente», de Stephen Macknik e Susana Martínez-Conde. Ediciones Destino-Grupo Planeta

    2012

    «La nariz de Charles Darwin y otras historias de la neurociencia», de José Ramón Alonso. Editorial Almuzara

    2011

    Os Prismas 2011 non incluíron esta categoría

    2010

    ¨Evolución. El mayor espectáculo sobre la Tierra», de Richard Dawkins. Editorial Espasa

    2009

    «Por qué creemos en cosas raras. Pseudociencia, superstición y otras confusiones de nuestro tiempo», de Michael Shermer. Alba Editorial

    2008

    «Darwin y el diseño inteligente. Creacionismo, cristianismo y evolución», de Francisco J. Ayala. Alianza Editorial

    2007

    «Cuerdos entre locos. Grandes experimentos psicológicos del siglo XX», de Lauren Slater. Alba Editorial

    2006

    «Darwin el viajero», de Nicolás Cuvi. Editorial El Rompecabezas

    2005

    «Hijos de un tiempo perdido. La búsqueda de nuestros orígenes», de José María Bermúdez de Castro. Editorial Crítica

    2004

    «El hombre que calumnió a los monos», de Miguel Ángel Sabadell. Acento Editorial

    2003

    «1.001 datos sobre el cuerpo humano», de Sarah Brewer. Editorial Molino

    2002 

    «Las siete hijas de Eva», de Bryan Sykes. Editorial Debate S.A.

    2001 

    «El fin del envejecimiento», de Tom Kirkwood. Tusquets Editores

    2000 

    «¿Por qué es divertido el sexo?», de Jared Diamond. Editorial Debate

    1999

    «Atapuerca. Un millón de años de historia», de José Cervera, Juan Luis Arsuaga, J.Mª Bermúdez de Castro, Eudald Carbonell e Javier Trueba. Plot Ediciones e Editorial Complutense

    1998 

    «La sexta extinción», de Richard Leakey. Tusquets Editores

    1997 

    «Viaje a las hormigas», de Bert Hölldobler e Edward O. Wilson. Editorial Crítica

    1996 

    «Las mentiras de la ciencia», de Federico Di Trocchio. Alianza Editorial

    1995 

    «La naturaleza no natural de la ciencia», de Lewis Wolpert. Acento Editorial

    1994 

    «El libro de la vida», de Stephen Jay Gould. Editorial Crítica

    1993 

    «Genoma», de Jerry E. Bishop y Michael Waldholz. Plaza & Janés.

    Artigos xornalísticos

    2024

    Desigualdad en la 'prueba del talón': milagro o pesadilla según el código postal, de Antonio Martínez Ron, publicado en ElDiario.es.

    2023

    La ciencia de estirar el tiempo, de Eugenia Angulo Alonso para Revista Alfa.

    2022

    «Historia de un secuestro genético: así fue como una mosca robó "superpoderes" a una planta», de Jesús Méndez González en Agencia SINC.

    2021

    «El año de la ciencia», de Patricia Fernández de Lis, publicado en El País.

    2020

    «La vida secreta de los árboles», de Laura González de Rivera, publicado en Muy Interesante.

    2019

    «No, el ser humano no se está volviendo cada vez más tonto», de Sergio Ferrer Pérez, publicado en Agencia SINC.

    2018

    «Se vende animal extinto por un euro», de Nuño Domínguez, publicado no diario El País.  

    2017

    «Como diseñar ADN en el garaje» de Michele Catanzaro, publicado no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya.   

    2016

    «El funcionamiento de la anestesia continúa siendo un misterio». Jesús Méndez. Publicado en Agencia SINC.

    2015

    «¿En qué quedamos: es bueno o malo? Cuando lo malo se convierte en bueno». Pablo Linde. Publicado no suplemento Buenavida de El País.

    2014

    «La rectora Isabel, al descubierto». Antonio Alfredo López Mariño. Publicado no diario La Opinión de A Coruña.

    2013

    «Nuevos desafíos en el sector energético». Amador Menéndez Velázquez. Publicado no diario La Nueva España.

    2012

    «Viaje al manto de la Tierra». Manuel Ansede. Publicado no diario Público.

    2011

    «Perelman no estuvo allí». Javier Fresán Leal. Publicado no diario Público.

    2010

    «¿Cuántos años me echas? Las edades del hombre...y todo el demás». Elena Sanz Pérez de Guzmán. Publicado no suplemento Tercer Milenio do Heraldo de Aragón.

    2009

    «El origen del todo». Silbia López de Lacalle. Publicado na revista Popular Science.

    2008

    «Un 'Big Bang' a 100 metros bajo tierra». Pablo Jáuregui. Publicado no diario El Mundo.

    2007

    «¿Hemos sido diseñados?». Miguel Ángel Sabadell. Publicado na revista Muy Interesante.

    2006

    «Tsunamis, investigación después de la catástrofe". Luis de Luque. Publicado no suplemento Tercer Milenio do Heraldo de Aragón

    2005

    «La voz única de los Stradivarius». María Ares Espiñeira. Publicado no suplemento Tercer Milenio do Heraldo de Aragón.

    2004

    «¿Para qué la ciencia?». José Manuel Sánchez Ron. Publicado no diario El País.

    2003

    «Una mirada al cosmos». Instituto de Astrofísica de Andalucía. Publicado no diario El Ideal de Granada.

    2002

    «Vamos a experimentar con tu cuerpo». Miguel Barral. Publicado na revista Quo.

    2001

    «Misterios de la memoria». Mónica Salomone. Publicado no suplemento El País Semanal.

    2000

    «Sensación de vivir». Jorge Alcalde. Publicado na revista Muy Interesante.

    1999

    «El prodigio de la clonación». Enrique M. Coperías. Públicado na revista Muy Interesante.

    1998

    «Marte, la última frontera». Alicia Rivera e Malén Ruiz de Elvira. Publicado en El País Semanal.

    1997

    «¡Impactos!». Mark Kidger. Publicado na revista Universo.

    1996

    «Ecuaciones para ver el futuro». Juan Ignacio Fernández Bayo. Públicado na revista Muy Especial.

    Premios Especial do Xurado

    2024

    Gema Revuelta y Vladimir de Semir, polos trinta anos do Máster en Comunicación Científica, Médica e Ambiental da UPF Barcelona School of Management.

    2023

    Planetario de Pamplona

    Tamén se lle decidiu outorgar unha mención honorífica na modalidade de Prisma Especial do Xurado a Rogelio Sánchez Verdasco

    2022

    Enrique Pérez Montero, investigador do IAA-CSIC.

    2021

    José Manuel López Nicolás

    2020

    O xurado decidiu declarar deserto este premio.

    2019

    Rafael Bachiller García

    2018

    Clara Grima Ruiz

    Polo seu continuado compromiso e o seu talento e versatilidade na divulgación das matemáticas.

    2017

    Jorge Mira Pérez 

    Pola súa contribución á divulgación da ciencia e o seu estímulo á aprendizaxe da xuventude e a promoción da cultura científica, manexando todo tipo de formatos divulgativos, sacando o coñecemento científico á rúa.

    2016

    Revista Astronomía

    Pola traxectoria desta publicación de referencia así como a súa adaptación aos novos contextos comunicativos, sabendo manter o interese do público durante as últimas tres décadas.

    2015

    Ignacio Fernández Bayo

    Por ser un pioneiro, referente e mestre da comunicación científica, cunha traxectoria de máis de tres décadas dedicadas á comunicación da ciencia de forma rigorosa e amena.

    2014

    Cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea

    Por ser pioneira na súa categoría, e desenvolver un amplo programa de actividades e iniciativas de divulgación científica desde o ámbito universitario público.

    2013

    Ángel Carracedo

    Por compaxinar o seu traballo de investigación cun exemplar labor de divulgación, tendo conseguido situar o seu laboratorio da Fundación Galega de Medicina Xenómica, do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, como unha referencia mundial. Para o xurado constitúe un exemplo de como un científico en pleno exercicio pode achegar o seu traballo á cidadanía de maneira honesta e comprensible. 

    2012

    Ramón Núñez Centella

    Pola súa vocación e compromiso coa cultura e a educación científicas, por ser pioneiro e referente no campo dos museos de ciencia e en especial polo seu proxecto museístico para a cidade da Coruña.

    2011

    Margarita Salas

    Pola súa traxectoria vital dedicada á investigación e divulgación científica, constituíndo un referente para o fomento de novas vocacións investigadoras.

    2010

    Diario Público

    Pola súa sección de Ciencias, que constitúe unha aposta por situar á ciencia nun lugar protagonista nun medio escrito diario. Algo moi destacable no panorama periodístico actual.

    2009

    Revista Mètode, da Universitat de Valencia

    Polo esforzo continuado de divulgación científica de calidade e pola implicación dunha universidade na promoción da cultura cientifica.

    2008

    Miguel Ángel Quintanilla Fisac

    Pola súa trascendente contribución ao desenvolvemento da cultura científica en España. A súa actividade persistente e integradora tivo froitos relevantes como a celebración do Ano da Ciencia 2007 e a creación de estruturas estables de divulgación, fundamentais na integración da ciencia na cultura.

    2007

    Suplemento «Futuro» de El País

    Pola longa traxectoria no seu compromiso coa ciencia e a divulgación. Outórgase, no Ano da Ciencia, confiando en que este premio servirá de estímulo a todos os medios de comunicación para que manteñan espazos dedicados á ciencia, e coa convicción de que a cultura científica é clave para unha sociedade moderna e democrática. 

    2006

    Francisco Vázquez Vázquez

    Pola súa achega á cultura científica. El impulsou e deu continuidade durante máis de 20 anos a unha iniciativa no ámbito municipal, cuxa manifestación máis popular é a creación dos Museos Científicos Coruñeses, que foi pioneira na administración á hora de integrar a ciencia na cultura, facilitando o acceso da cidadanía ao coñecemento científico, e abrindo o camiño para que outras institucións públicas en España promoveran actuacións similares.

    2005

    Parque das Ciencias de Granada

    Naceu en 1995 coa vocación de achegar a cultura científica ao gran público, de maneira amena e divertida. Desde entón, ese labor divulgador crece sen cesar.

    2004

    Manuel Toharia Cortés

    Pola súa gran capacidade e entusiasmo, polo seu compromiso e polo seu continuo maxisterio. Este físico é un referente da comunicación pública da ciencia, a través dos seus libros, artigos e intervencións en radio e TV.

    2003

    Instituto Astrofísico de Canarias

    Un modelo de como facer ciencia sen perder de vista o interese cidadán: as súas exposicións, revistas dixitais e programas de radio mantéñeno en contacto coa sociedade. 

    2002

    Tercer Milenio

    Desde 1994, este suplemento do Heraldo de Aragón dá unha información científica ampla, rigorosa e atractiva. E así, cada semana, enriquece a cultura da poboación.

    2001

    Manuel Calvo Hernando

    Unha carreira dedicada á información científica. Como periodista, como mestre de novos profesionais e como creador da Asociación Española de Periodismo Científico, que presidiu durante máis de 30 anos.

    2000

    Miguel Carreras Ezquerra

    Ano tras ano, o seu programa «Ciencia Viva» involucrou a estudantes de Secundaria en actividades de divulgación científica. A súa visión integradora supera os tradicionais esquemas académicos.

    Documentos relacionados

    • 1. Bases do premio 2025 (castelán) (144 KB)
    • 2. Bases do premio 2025 (galego) (143 KB)
    • 3 Ficha de participación VÍDEO (167 KB)
    • 4 Ficha de participación NOVOS MEDIOS (166 KB)
    • 5 Ficha de participación PROXECTO DE DIVULGACIÓN SOBRE AUGA MEDIA URBANA (155 KB)
    • 6 Ficha de participación ARTIGO XORNALÍSTICO (165 KB)
    • 7 Ficha de participación RADIO (165 KB)
    • 8 Ficha de participación PROXECTO SINGULAR (168 KB)
    • 9 Ficha de participación LIBRO EDITADO (164 KB)
    • 10 Ficha de participación PRISMA ESPECIAL DO XURADO (165 KB)

    Novidades

    Noticias

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión