De Guillem Clua
Para público en xeral
Dende o 16/11/2019 ata o 17/11/2019
Xa rematou
20.30 h
90 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
A señora Amelia, unha severa profesora de canto, recibe na súa casa a Ramón, un home novo que desexa mellorar a súa técnica vocal para cantar no memorial da súa nai falecida recentemente. A canción elixida, La golondrina, ten un significado especial para el e, ao parecer, tamén para Amelia, quen a pesar das súas reticencias iniciais accede a darlle unha primeira clase. A medida que a tarde avanza, os dous personaxes van debullando detalles do seu pasado, profundamente marcado por un atentado terrorista de signo islamita que sufriu a cidade o ano anterior. O significado real dese ataque, as motivacións do terrorista e a alongada sombra das súas vítimas provocan un duro enfrontamento entre Amelia e Ramón que os leva a descubrir a verdade sobre aqueles terribles acontecementos, unha verdade que os obriga a reflexionar sobre as súas propias identidades, a aceptación da perda e a fraxilidade do amor, espíndose ata tal punto que os seus destinos quedarán unidos para sempre nun canto común á vida.
Con Carmen Maura e Dafnis Balduz
Dirección: Josep Maria Mestres
Lazona
*Venda de entradas a partir do 9 de setembro
Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible