De María Folguera a partir do capítulo XIV de Don Quijote de la Mancha de Miguel de Cervantes
Para público en xeral
Dende o 30/01/2026 ata o 31/01/2026
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Prégase puntualidade.
60 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Un home apareceu morto: Grisóstomo. Unha muller foi acusada da súa morte: Marcela.Os pastores sospeitan de Marcela. Non lles gusta a súa fermosura, nin o seu orgullo. Estamos en 1605 e todos cren que merece un castigo. Pero Marcela non acata a norma e fala na súa propia defensa.Marcela é un dos personaxes máis famosos de Cervantes. Da man de tres creadoras actuais, Leticia Dolera,Celia Freijeiro e María Folguera, descubriremos os moitos fogos que iluminan este mito.
Con Celia Freijeiro
Dirección: Leticia Dolera
Produción da Sociedad Cervantina co apoio do INAEM e da Fundación La Caixa
Venda de entradas soltas desde o 9 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible