Únete ao grupo de conversa en galego da Biblioteca Ágora!
Persoas adultas
Dende o 01/10/2025 ata o 17/12/2025
Todos os mércores, en horario das 19.00 ás 20.15 h
Dende o 15/09/2025 ata o 17/12/2025
A inscrición supón un compromiso regular de participación, polo que se levará un control de asistencia.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
15
981 189 886
Se queres practicar galego nun grupo de conversa dinamizado por unha persoa nativa, esta é a túa actividade.
O grupo de conversa é unha proposta dirixida a todas as persoas que desexen mellorar o seu galego oral nun ambiente distendido e de conversa amena, lonxe da aprendizaxe formal.
Se tes algún coñecemento do idioma pero non o falas no teu día a día, bótate a falar neste espazo de intercambio lingüístico e cultural.
Tamén che pode interesar

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible