Curso de formación para profesorado co obxectivo de facilitar o uso do patrimonio cultural nas actividades de aula.
Curso para profesorado
Para público en xeral
Dende o 13/03/2024 ata o 10/04/2024
Xa rematou
Inscricións ata o 6 de marzo aquí
Sesión 1: mércores 13 de marzo, 18.00 a 19.00 h
Sesión 2: mércores 10 de abril, 18.00 a 19.00 h
Europeana, European Schoolnet en colaboración con Domus-Concello da Coruña.
Europeana é a biblioteca dixital europea cuxa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer, contribuíndo a unha sociedade aberta, informada e creativa.
Este curso propón coñecer os recursos de Europeana e participar en dous concursos europeos.
A proposta é a seguinte:
• Participar na primeira formación en liña de 1 hora para coñecer os recursos.
• Probar na aula una das actividades propostas.
• Participar na segunda formación en liña de 1 hora para escribir unha historia de como funcionou na aula a actividade.
Ao realizar as diferentes partes da formación poderase obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet, e participar en dous concursos europeos cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir ao obradoiro de fin de curso de Europeana.
Para participar en necesario inscribirse antes do 6 de marzo neste formulario.
O curso será impartido por Patricia Barciela, directora da Domus e embaixadora de Europeana.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible