Curso de formación para profesorado co obxectivo de facilitar o uso do patrimonio cultural nas actividades de aula.
Curso para profesorado
Asociaciones o centros escolares
02/03/2023
Xa rematou
Inscricións ata o 24 de febreiro aquí
O 2 de marzo de 17 a 19 horas
Europeana, European Schoolnet en colaboración con Domus-Concello da Coruña.
Europeana é a biblioteca dixital europea cuxa misión é facilitar o uso do patrimonio cultural para a educación, a investigación, a creación e o lecer, contribuíndo a unha sociedade aberta, informada e creativa.
Este curso propón coñecer os recursos de Europeana, o blogue Ensinar con Europeana, o uso das actividades dispoñibles e a creación de historias para a implementación de actividades na aula.
A sesión formativa consta dunha. formación presencial de 2 horas de duración, unha posta en práctica titorizada dunha as actividades do blog Ensinar con Europeana, e a redacción da historia sobre como funcionou a actividade na aula.
Ao finalizar o curso as persoas participantes poderán obter o certificado europeo expedido por Europeana e European Schoolnet. Ademais poderán participar nun concurso cuxo premio é unha viaxe a Bruxelas para asistir a un obradoiro de fin de curso.
Para participar é necesario inscribirse antes do 24 de febreiro neste formulario.
O curso será impartido por Patricia Barciela, directora da Domus e embaixadora de Europeana.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible