É obxecto do presente decreto a regulación da sanidade mortuoria na Comunidade Autónoma de Galicia, que inclúe as seguintes materias:
a) Toda clase de prácticas sanitarias sobre cadáveres, tales como as de tanatopraxia e tanatoestética.
b) As condicións técnico-sanitarias que deben reunir as empresas funerarias, tanatorios, velorios e crematorios, de carácter público ou privado, nos traballos que realizan e medios que empregan para o transporte de cadáveres e restos humanos e restos cadavéricos.
c) As condicións técnico sanitarias que teñen que cumprir os cemiterios e demais lugares de enterramentos.
d) As normas sanitarias no tratamento dos restos cadavéricos.
e) As infraccións e sancións en materia de sanidade mortuoria.
Autonómico
11 de decembro de 2014
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2014/20141211/AnuncioC3K1-031214-0001_es.html
DECRETO 151/2014, de 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia. (1 MB)

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible