A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental "Expediente Velo"
Para público en xeral
02/02/2026
Xa rematou
19.00 h
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros
Avda. do Exército, 52, 15006 A Coruña
Teléfono: 981 298 122
www.facebook.com/redeoza.org
Animal político, Xosé Velo non foi animal de rabaño. Aínda que se mantivo ata a morte na órbita do galeguismo no que empezou de mozo, puxo sempre por diante a súa conciencia (ou o instinto) aos ditados de calquera organización. Nin atopou acubillo definitivo nin deixou herdeiros políticos directos. Se cadra é por iso que, a pesar de vivir en primeira liña a República, a guerra e a resistencia antifranquista, tanto no interior como no exterior (co máximo protagonismo no episodio soado do secuestro da Santa María), segue sendo un recordo borroso para a xente máis vella, unha figura semidescoñecida para a xeración intermedia e nada en absoluto para a xente máis nova. Menos coñecidos aínda son os seus escritos. É certo que non puido ou non quixo facer carreira de escritor, pero nunca deixou completamente de escribir e, en menor medida, de publicar.
Tocou moitos paus: poesía, ensaio, artigos, prólogos, discursos, cartas... Case sempre movido polas urxencias históricas de cada día; ás veces, tratando de descifrar unha estraña música que escoitou por primeira vez nalgún lugar oculto de Celanova.
Entidades
Actividades relacionadas

30 de xaneiro de 2026
Unha colección de fotografías de Fernando Moleres sobre o impacto da actividade humana no medio ambiente

12 de xaneiro de 2026
MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible