Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
6 de xuño de 2020
As persoas visitantes deberán usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria, durante toda a visita e manteren a distancia de dous metros entre persoas que non convivan.
Todas as persoas que visiten o Aquarium Finisterrae deberán gardan unhas normas de seguridade, como usar de forma obrigatoria a máscara, sen válvula exhalatoria, durante toda a visita; e manter a distancia de dous metros entre persoas que non convivan. Ademais deberá evitarse tocar calquera obxecto ou superficie, de feito deshabilitáronse os elementos interactivos do museo.
Polas súas características, o acceso á sala Nautilus só se poderá realizar cada 20 minutos en grupos de tamaño reducido e acompañados dunha persoa do centro.
Para compensar esta redución da oferta e outras restricións que o público atopará durante a visita, reduciuse o prezo da tarifa xeral de 10 a 4 euros.
Como realizar a reserva de visita?
O Aquarium Finisterrae recibirá visitantes de luns a domingo cada 20 minutos en grupos reducidos.
Para visitar o Aquarium Finisterrae haberá que realizar previamente unha reserva por Internet, con ata tres días de antelación, a través desta ligazón web.
Poderán reservarse un máximo de 5 entradas por persoa, elixindo día e tramo horario segundo a dispoñibilidade. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.
Entidades
29 de decembro de 2020
A exposición «Ceos galegos» presenta unha colección de fotografías do ceo nocturno e diúrno tomadas en diversos enclaves galegos.
21 de decembro de 2020
A Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae estarán abertos todos os días excepto o 25 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro.
17 de decembro de 2020
O Planetario da Casa das Ciencias ofrecerá esta fin de semana sesións especiais sobre a conxunción de Xúpiter e Saturno.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible