QUE SON?
Son lugares nos que se lles proporciona aos e ás menores acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativas, na liña da educación non formal, presentando a actividade lúdica como un recurso educativo, de socialización e creativo no seu tempo de lecer.
O servizo ofrece un conxunto organizado e integrado de actividades que contribúen á conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
As actividades organízanse en varios bloques: xogo libre; xogo dirixido (talleres e actividades de animación sociocultural); apoio ao estudo (tarefas escolares, aprendizaxe de técnicas de estudo etc.)
Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade ben con carácter específico ou ben de modo transversal.
Unidades familiares con necesidades de conciliación e que teñan menores entre os 4 e 12 anos ou que estean a cursar 4.º de educación infantil.
Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación
LOCALIZACIÓN E HORARIOS
Localízanse nos centros cívicos de:
| ESPAZOS | PERÍODO LECTIVO | PERÍODOS NON LECTIVOS |
| Centro Cívico Labañou | 15:00 A 20:30 h. | 8:00 A 15:00 h. |
| Centro Cívico Castrillón | 16:00 A 20:30 h. | 16:00 A 20:30 h. |
| Centro Cívico Os Mallos | 16:00 A 20:30 h. | 8:00 A 15:00 h. e de 16:00 a 20:30 h. |
| Centro Cívico Palavea | 16:00 A 20:30 h. | 8:30 a 14:00 h. |
| Centro Cívico Monte Alto | 15:00 A 20:30 h. | 8:00 A 15:00 h. |
| Centro Cívico Mesoiro | 16:30 A 20:30 h | 8:00 A 15:00 h. |
O teléfono de contacto do Servizo de canguros municipal é: 673 13 23 72. O horario de atención é de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres, salvo festivos.
Nota: para os efectos da aplicación dos horarios, considerásense períodos lectivos e non lectivos os que estableza a Xunta de Galicia no calendario escolar de cada curso para o nivel de educación infantil e primaria na respectiva Orde da Consellería responsable de educación da Xunta de Galicia. Considerásense períodos non lectivos os das vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán do calendario escolar. Tamén se consideran días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas pola mesma Consellería.
HORAS DE USO
Período lectivo:
Con carácter xeral, cada menor fará uso dos diferentes Espazos de Atención á Infancia ata un máximo de 40 horas totais ao mes, coa finalidade pedagóxica de fomentar, na medida do posible, un tempo compartido entre as persoas responsables do/da menor e os seus fillos/as. En todo caso, as circunstancias persoais e familiares das distintas unidades familiares serán valoradas polo equipo do Servizo Municipal de Canguraje.
Período non lectivo:
Non existe un número máximo de horas.
RESERVA DE PRAZA
PERÍODO LECTIVO:
PERÍODO NON LECTIVO:
ASIGNACIÓN DE PRAZA
PERÍODO LECTIVO:
PERÍODO NON LECTIVO:
Entidades
Prestacións relacionadas

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible