29 de setembro de 2018
As reunións do xurado dos Prismas á Divulgación 2018 tiveron lugar o 28 e 29 de setembro
Cadro de honra 2018
• Mellor traballo en vídeo: "El reloj interno", presentado por Pere Estupinyà
• Mellor sitio web/rede social: "Gaussianos", blog presentado por Miguel Ángel Morales Medina
• Mellor libro editado: "¿Funcionan las vacunas?", orixinal de Ignacio López-Goñi e Oihan Iturbide, da editorial Next Door Publishers.
• Mellor artigo xornalístico: "Se vende animal extinto por un euro", orixinal de Nuño Domínguez e publicado no diario El País.
• Mellor traballo en radio: "Radioscopio: viaje a Lovaina", presentado por Susana Escudero Martín, Emilio J. García Gómez-Caro e José M. Álvarez Estévez, emitido en Radio Andalucía.
• Prisma Especial do Xurado: Clara Grima Ruiz.
Ademais o xurado decidiu outorgar as seguintes mencións honoríficas:
- Na modalidade de sitio web/rede social: á canle Youtube "IFT Madrid", presentada polo Instituto de Física Teórica IFT da Universidade Autónoma de Madrid-CSIC.
- Na modalidade de libro editado: ao titulado "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas duhna viaxe arredor do mundo", de Xurxo Mariño e editado por Edicións Xerais de Galicia.
O Prisma ao mellor texto orixinal e inédito foi declarado deserto.
Composición do xurado:
Presidenta: Carmen del Puerto Varela, xefa da Unidade de Comunicación e Cultura Científica do Instituto de Astrofísica de Canarias
Estivo composto ademais por:
Águeda Gras Velázquez, directora do departamento de educación das ciencias de European Schoolnet.
Michele Catanzaro, xornalista freelance
Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña
Joana Castro Barros, coordinadora da Associação Viver a Ciência
Óscar Sánchez López, vogal da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
Marcos Pérez Maldonado, xefe de Servizo dos Museos Científicos Coruñeses, que actuou como secretario.
Tamén che pode interesar
22 de decembro de 2022
Dirixido a maiores de 7 anos, incorpórase á programación do Planetario este Nadal
21 de decembro de 2022
A mostra contén fotografías, fragmentos de testemuños da cidadanía e esculturas creadas a partir dos restos do naufraxio.
12 de decembro de 2022
Está formada por 15 fotografías e un vídeo no que se mostran especies de cetáceos do Atlántico.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible