28 de marzo de 2022
Celebrarase o sábado 2 de abril, cunha exposición dos proxectos participantes no concurso, obradoiros e espectáculos científicos. A entrada á Domus será gratuíta, con reserva de entradas imprescindible.
O programa «Imaxina Coruña», organizado polos servizos de Educación e Museos Científicos do Concello da Coruña, ten como obxectivo difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de Secundaria e Bacharelato. Partindo do tema proposto para este curso -novos materiais para un mundo mellor- convidóuselles a desenvolver unha investigación ou deseño tecnolóxico utilizando a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñeira e as matemáticas para resolver un problema real na sociedade.
Na fase final, que se celebra o sábado 2 de abril na Domus, o alumnado participante presentará os seus proxectos ante un xurado e ante o público, en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 17.30 horas. Unha vez visitados os espazos, o xurado retirarase a deliberar, comunicará un veredicto e realizarase unha entrega de premios, que terá lugar ás 18 horas.
Con motivo deste evento, a Domus celebra este sábado 2 de abril unha xornada de portas abertas, pero é imprescindible reservar as entradas, cun máximo de 3 días de antelación, aquí.
A xornada completarase con diversos talleres e espectáculos científicos:

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible