O Concello da Coruña organiza, o próximo 27 de novembro, unha charla-coloquio con Bebeto, orientada a escolares de entre 11 e 14 anos.
Alumnado de 5º e 6º de EP e 1º, 2º e 3º de ESO de centros públicos da cidade.
Para público en xeral
27/11/2025
Xa rematou
Inscrición pechada por alcanzarse o número máximo de solicitudes.
De 10:00 a 12:00 horas.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
400
| Inscrición pechada por alcanzarse o número máximo de solicitudes |
|---|
O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, organizará, baixo o título "Humildade e traballo. Encontro con Bebeto", unha charla-coloquio con Bebeto, ex xogador do Deportivo, orientada a escolares de entre 11 e 14 anos. A actividade pretende trasladar a importancia dos valores que transmite o deporte e a súa aplicación na vida cotiá.
A participación nesta actividade, que se desenvolverá o día 27 de novembro no centro cultural Ágora, en horario de 10 a 12 horas, será gratuíta, aínda que será imprescindible inscribirse a través dunha ficha específica á que se pode acceder na seguinte ligazón: ligazón á ficha de inscrición.
Debido ao aforamento do Ágora, a asistencia determinarase por orde de inscrición, cun máximo de 400 prazas, estando limitada a participación a escolares de 5 º e 6º de Primaria e de 1º, 2º e 3º da ESO de centros públicos da cidade. O Servizo de Educación facilitará a participación poñendo a disposición dos centros autobuses gratuítos, con horario de recollida do alumnado ás 9.30 e regreso ao centro a partir das 12 horas.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible