JUSTREC
Telefónico, Presencial, Telemático
Tramitación electrónica
Tributario, Rexistros e censos
Facenda
Si
Mediante este servizo poderá solicitar e obter justifcantes de pago dos seus recibos e liquidacións que efectivamente fosen pagas.
Xustificante de pago de recibos e liquidacións
Están lexitimadas para solicitar, ben por se mesmas ou por medio de representante, o xustificante de pago de recibos, as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003.
Todo o ano.
Documentos relacionados
Impreso de solicitude xeral, no caso de que actúe por medio de representante debe acompañarse documento de autorización e copia do NIF do suxeito pasivo.
Na Oficina Virtual do Contribuínte (botón Tramitar en Liña), identificándose con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, dentro da opción Recibos (os meus recibos pagos) e As miñas Liquidacións. Unha vez xerado arquívase no Buzon de Documentos da OVC. Esta opción recoméndase, sempre que se teña certificado dixital, posto que se obtén o documento de maneira inmediata.
En calquera caso, en aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Oficina Virtual do Contribuínte:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
En tramitación telemática, o xustificante obtense de forma inmediata.
Outras versións

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible