20 de xullo de 2020
Só se poderá acceder ao museo para participar nalgunhas das actividades que oferta, sempre con reserva previa de entradas. A visita libre polas salas de exposicións non está dispoñible.
Debido ás circunstancias sanitarias actuais, o acceso á Domus está limitado a un programa de actividades na sala maker@domus, o Laboratorio Aberto e o cinema da sala Leonardo da Vinci:
Como realizar a reserva de visita?
Para participar en calquera destas actividades da Domus haberá que realizar previamente unha reserva por Internet, premendo aquí. Hai que seleccionar no calendario o día e a hora da actividade que se quere realizar. As entradas aboaranse ao chegar ao museo, tras mostrar o resgardo da reserva que se recibirá ao completar o rexistro.
NORMAS COVID-19
As persoas participantes asistirán coas súas propias máscaras sen válvula exhalatoria e levaranas durante toda a actividade.
Realizaranse lavados frecuentes de mans coas solucións hidroalcohólicas dispoñibles.

31 de xullo de 2026
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible