Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xaneiro de 2026

A Domus estrea unha sala de experiencias interactivas para público infantil

MiniDomus é un espazo pensado para aprender facendo, onde cada actividade convida a experimentar, compartir e descubrir o mundo con asombro.

Coa finalidade de ofrecer experiencias enriquecedoras e adecuadas para os primeiros anos de nenas e nenos, a Domus creou unha exposición interactiva de ciencia e tecnoloxía especialmente deseñada para este público.

Contén sete ámbitos que inclúen módulos baseados no xogo, o fomento da curiosidade e as habilidades propias da infancia. Neles os nenos e as nenas de menor idade poderán explorar a presión do aire lanzando pelotas por distintos percorridos e descubrir cal é o máis rápido, xogar coa luz e as cores, creando obras luminosas, construír e experimentar con engrenaxes, poleas e manivelas, probar o equilibrio e a gravidade montando estruturas en superficies con diferentes ángulos, crear máquinas móbiles con rodas, eixos, cordas e circuítos en zigzag, dar forma a ideas con pezas de construción, usando rodas, soportes e parafusos de bolboreta, e deixar voar a imaxinación creando mundos con grandes bloques, desde dinosauros ata naves espaciais.

MiniDomus será ademais o punto de partida para a realización doutras actividades, tales como talleres temáticos ou espectáculos no salón de actos que poden complementar á exposición, abrindo así un espazo único de participación para un público que non adoita participar en eventos de ciencia e tecnoloxía.

A experiencia como ferramenta de aprendizaxe

O espazo MiniDomus nace co obxectivo de ofrecer ao público infantil, acompañado de familias e persoal educador, unha experiencia de achegamento á ciencia e á tecnoloxía que fomente as súas habilidades e sente as bases para mellorar a súa futura educación neste ámbito da cultura. As experiencias de visita a museos interactivos considéranse de alta intensidade, non só no que a adquisición de coñecementos refírese, senón tamén en canto aos aspectos emocionais.

As exposicións son máis eficaces cuantos máis variados son os recursos museográficos que se utilizan. Neste caso optouse por potenciar esa diversidade, incorporando tanto módulos interactivos como espazos de experiencias. Nestes espazos, nenas e nenos, xunto ás persoas adultas que os acompañan, poidan realizar actividades durante máis tempo, facilitando asentos e contidos que convidan a permanecer interactuando durante máis tempo. Isto é un cambio que trouxo a pandemia ao mundo dos museos. De feito, está a incorporarse esta tendencia a nivel mundial, tal como observouse nos últimos congresos de museos de ciencia, como ECSITE en Europa e ASTC en Estados Unidos, asociacións da que son membros os Museos Científicos Coruñeses. O fundamento é que as familias manifestan un gran interese por espazos onde o tempo de permanencia sexa ao seu ritmo e onde a experiencia que comparten sexa máis íntima.

Deseñado polo equipo técnico dos Museos Científicos-Concello da Coruña

Coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión