Esta lei articúlase como unha ferramenta legal eficaz que facilite as actuacións de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas, especialmente naqueles espazos máis vulnerables e abandonados, coa finalidade de mellorar as edificacións e os espazos públicos e servir ademais de instrumento para o desenvolvemento económico, buscando, en definitiva, a satisfacción do interese xeral na preservación do noso patrimonio edificado, a dinamización dos nosos pobos e cidades e a mellora da calidade de vida de todos os galegos e galegas.
Autonómico
2 de maio de 2018
A rehabilitación edificatoria, a rexeneración e a renovación urbanas son hoxe conceptos fundamentais no ámbito da estruturación do territorio e do espazo urbano, baseadas as mesmas no sostemento social, económico e ambiental.
A situación de deterioración de moitos ámbitos, tanto urbanos como rurais, ten causas diferentes que foron analizadas nas actuacións previas á elaboración do texto da presente lei, destacando os condicionantes de carácter normativo, administrativo, económico e, especialmente, os ligados á habitabilidade e accesibilidade das vivendas e aos factores sociais e demográficos, entre os cales se constata, en moitos casos, o envellecemento da poboación residente. Estas dinámicas implicaron o progresivo declive e abandono destes ámbitos, que en moitos casos, sobre todo nos pobos pequenos e núcleos rurais, ademais de supoñer a perda dun rico patrimonio cultural, fíxose extensivo a todo o núcleo poboacional no que se inseren. Por elo, é necesario adoptar diferentes medidas que permitan atallar esta situación sempre desde a perspectiva de que a mellor forma de conservar é habitar, ocupar os espazos e xerar actividade.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible