7 de novembro de 2023
Co obxectivo de atender a elevada demanda de visitas, este ano a Semana da Ciencia, de entrada gratuíta, incluirá dúas fins de semana.
A Semana da Ciencia 2023 nos Museos Científicos Coruñeses terá nesta ocasión 9 días consecutivos de entrada gratuíta, nos que o público poderá gozar das exposicións interactivas dos tres centros, que abrirán todos os días de 10.00 a 19.00 horas, con último acceso ás 18.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 18.30 horas na Casa das Ciencias e Domus.
Para visitar eses días o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse cun máximo de 3 días de antelación nesta páxina. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan. En calquera caso, as entradas estarán limitadas por un control de capacidade.
A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa e sempre que a capacidade non estea completa.
As persoas que queiran asistir a unha sesión de Planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa. As sesións de planetario serán as seguintes:
Sábados e domingos:
A Semana da Ciencia terá ademais un acto destacado, a entrega dos XXXVI Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica, que terán lugar no salón de plenos do Concello da Coruña o sábado 18 de novembro.

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible