#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecerlle un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
15/06/2026
Acceso libre até completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 15 de xuño ás 19 h., na Biblioteca Fórum Metropolitano, temos un coloquio-presentación do poemario "Hipnose Encarnada" de Ramiro Torres, publicado por Espiral Maior.
Organizado pola AVV Oza, A Gaiteira e Os Castros.
A Biblioteca Fórum acollerá o vindeiro 15 de xuño un coloquio-presentación de Hipnose Encantada, o novo poemario de Ramiro Torres, autor coruñés cunha consolidada traxectoria no ámbito da poesía galega contemporánea.
Nado na Coruña en 1973, Ramiro Torres é diplomado en Graduado Social pola Universidade da Coruña. Ao longo da súa carreira literaria publicou textos en revistas como Poseidónia e Agália, ademais de participar en diversos proxectos colectivos, entre os que destaca Áncora no alén (2008), obra que combina creación plástica e poética arredor da figura de Urbano Lugrís.
En 2012 viu a luz o seu primeiro libro individual, Esplendor Arcano, publicado no marco do Grupo Surrealista Galego, colectivo co que o autor mantivo unha estreita vinculación. Así mesmo, foi codirector da revista dixital Palavra Comum e colabora na actualidade en Quiasmo, desenvolvendo unha labor continua de investigación e creación arredor do feito poético.
A súa concepción da poesía afástase de formulacións explicativas para reivindicar o poema como experiencia transformadora. Tal e como o propio autor sinala, o poético constitúe unha vía de coñecemento e unha enerxía latente que se activa en cada lectura, ofrecendo ao lector unha vivencia singular e profunda.
A presentación de Hipnose Encantada supón unha nova oportunidade para achegarse ao universo creativo de Ramiro Torres, caracterizado pola súa intensidade simbólica e pola exploración das dimensións máis suxestivas da linguaxe.
Acceso libre até completar capacidade.
Tamén che pode interesar

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible