A semana do 30 de abril o Sol situarase nunha posición próxima á que terá durante a eclipse de agosto, o que permitirá facer probas de visibilidade
Para público en xeral
Dende o 12/06/2026 ata o 13/08/2026
O próximo 12 de agosto será posible ver desde A Coruña unha eclipse total de Sol, un evento excepcional e único para o que é importante prepararse con antelación.
O 30 de abril ás 20.21 horas a posición do sol será practicamente a mesma que a do 12 de agosto ás 20.28 horas, cando comezará a fase de totalidade da eclipse, polo que agora é unha boa ocasión para realizar un ensaio da observación.
Puntos con boa visibilidade
A eclipse será visible na Coruña á tardiña, polo que o Sol estará baixo e para velo hai que buscar un lugar no que non haxa obstáculos como edificios, árbores ou elevacións do terreo que oculten a visión.
Dous mapas interactivos elaborados polo Concello da Coruña permiten atopar os puntos da cidade dende os que se poderá observar a eclipse o 12 de agosto.
Poden consultarse nestas ligazóns:

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia

24 de abril de 2026
O prazo de presentación de traballos comeza o 1 de maio e finaliza o 1 de xuño nas oito modalidades do certame
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible