O decreto contén a normativa de desenvolvemento da Lei 8/97, de 20 de marzo, de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade autónoma de Galicia. para a adecuada execución dos preceptos lexislativos, estruturándose en dous artigos polos que se aproban o Regulamento e os correspondentes anexos, unha disposición derogatoria e dous finais.
Autonómico
Ten por obxecto desenvolver a Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, establecendo de forma pormenorizada as normas que garantan ás persoas con mobilidade reducida ou con calquera outra limitación a accesibilidade e a utilización da contorna urbana, de edificios, medios de transporte e sistemas de comunicación sensorial e promovendo á súa vez a utilización de axudas técnicas adecuadas que permitan mellorar a calidade de vida das persoas.
Así mesmo, tamén é obxecto deste regulamento o establecemento de medidas de fomento para conseguir a integración das persoas con limitacións, a regulación do control do cumprimento da normativa de aplicación na materia, o desenvolvemento do réxime sancionador previsto para o caso do incumprimento da normativa vixente, a desaparición progresiva de todo tipo de barreira ou obstáculo físico ou sensorial así como a definición concreta dos parámetros de accesibilidade recollidos no código de accesibilidade que deben ser tidos en conta en cada caso.

31 de xullo de 2026
Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible