Concello da Coruña

Concello da Coruña

V Feira de Ciencia Isabel Zendal

Actividade para conmemorar o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/11/2022

Xa rematou

Horario:

De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.30 horas.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Prezo:

A participación será libre para todos os visitantes que aboen a entrada correspondente na recepción do Aquarium Finisterrae.

Organiza:

UDCiencia d+i e Aquarium Finisterrae-Museos Científicos

UDCiencia, grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos, organizan a V Feira de Ciencia Isabel Zendal.

A actividade conmemora o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, hai 219 anos. Nesta travesía marítima tivo un papel destacado a coruñesa Isabel Zendal, como responsable dos nenos que portarían a vacina das vexigas.

Neste evento, que se celebrará o sábado 26 de novembro, o Aquarium Finisterrae acollerá un programa de once obradoiros atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña. Será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos, xogos e actividades.

Obradoiros:

  • O descubrimento da vacina contra as vexigas
  • Isabel Zendal e os nenos da vacina
  • As vacinas e a vacinación
  • Eureka, flotan!
  • Coidando en alta mar
  • Moby Dick e os nenos vacuníferos
  • As aves que acompañaron á REFV
  • Cal e o camiño? As matemáticas teñen a resposta
  • Os cheiros da corveta
  • RCP e o uso do desfibrilador: técnicas sinxelas que salvan vidas
  • Os medicamentos da expedición: tesouros do bosque

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión