Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Fotógrafos da Natureza 2018

A sala Isabel Castelo do Aquarium Finisterrae mostra a exposición «Fotógrafos da Natureza 2018», que contén as imaxes galardoadas na última edición do concurso GDT European Wildlife Photographer of the Year.

Este certame arrincou no ano 2000, promovido pola Asociación Alemá de Fotógrafos da Natureza (GDT, polas súas siglas en alemán). Desde entón, o desenvolvemento, prestixio e crecemento do concurso foi extraordinario, traspasou as fronteiras europeas e acadou renome mundial.

Por primeira vez, nos seus dezaoito anos de historia, resultaron gañadoras absolutas 2 fotografías completamente distintas en contido e expresión, aínda que cunha harmonía especial entre ambas.

Dez categorías

A exposición está formada por un total de 84 imaxes, entre gañadoras e finalistas nas diferentes 10 categorías do concurso: Aves, Mamíferos, Outros animais, Plantas e fungos, Paisaxes, Mundo submarino, Ser humano e natureza, Forma e composición, Mellor fotógrafo/a menor de 14 anos, Mellor fotógrafo/a entre 15 e 17 anos.

Entre elas están as imaxes de 9 fotógrafas e fotógrafos españois, 2 delas gañadoras nas categorías Outros animais e Mellor fotógrafo menor de 14 anos. Son imaxes sorprendentes, visualmente moi impactantes, poéticas e en ocasións tamén divertidas, que ensinan a beleza única da natureza.

Exposición temporal ata o 31 de outubro

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?